O Concello de Narón instala 23 cambiadores para bebés en locais sociais da zona urbana e rural e nos edificios públicos

Locais sociais da zona urbana e rural e edificios públicos de Narón que aínda non dispoñen do servizo contarán nas vindeiras semanas con cambiadores para bebés nos seus aseos. Instalacións como O Pazo da Cultura ou o local social do Alto contan desde hai un tempo con este equipamento, se ben nos vindeiros días o Concello iniciará a súa instalación noutros espazos ata colocar un total de vinte e tres, tal e como apuntou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla.

A actuación, que levan a cabo empregados municipais, supón un investimento ás arcas locais duns 6.000 euros, e con cargo á mesma, tal e como apuntou o edil, “tratamos de mellorar o acondicionamento dos aseos para que as nais e pais poidan dispoñer destes cambiadores para bebés nos edificios e instalacións municipais que carecían deste servizo”. En canto á cantidade que se colocará con cargo a esta partida Santalla explicou que “nalgúns casos haberá dous ou máis, atendendo á posible demanda que en momentos puntuais se poida rexistrar, pero unha vez que estean todos operativos, en función das necesidades, estudaremos a viabilidade de colocar unha maior cantidade no caso de que se detecte esa necesidade”.

Locais sociais, espazos culturais, deportivos e o propio Concello, así como os aseos públicos do parque fluvial de Freixeiro, disporán nas vindeiras semanas deste tipo de servizo. “As familias con menores ao seu cargo poderán utilizar estes cambiadores, dispoñendo así de maior comodidade e hixiene á hora de cambiar aos nenos e nenas”, apuntou o edil.

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …

Un comentario

  1. Caray, qué gran inversión…. cosas que en otro ayuntamiento no pasan de la categoría de anécdota, en Narón se convierte en una inversión casi épica y maravillosa que puede decantar las elecciones.