O día 29 de xaneiro `A Mesa Pola Normalización Lingüística´ e a `Asociaçom Galega da Língua´ anunciaron que no transcurso deste mesmo ano promoverán unha campaña chamada `Nós feiramos de 2ª a 6ª´, na que tratarán de incentivar o uso do sistema de medición da semana que aínda hoxe se desenvolve en Portugal.
Segundo os propios organizadores `a campaña irá especialmente dirixida ás crianzas, por un lado, e a medios informativos dixitais, por outro´; o que é preciso para manter a iniciativa de cara ó futuro. Entre outros obxectivos, a campaña ten coma fin a promoción dun `sistema lexical moi emblemático dos países lusófonos, despertando o noso orgullo pola pertenza a este tronco lingüístico e pola capacidade comunicativa do galego no mundo´.
Até aquí, moita xente pode pensar cousas tales coma `ya están dándole vueltas a lo de aportuguesar más el gallego´; acusando ós promotores de desenvolveren tal iniciativa có obxectivo de romperen o entendemento dentro da nosa sociedade. Mais isto non sería nada máis que descoñecemento ó respecto da evolución histórica dentro da área sociolingüística na que nos atopamos. E é que as feiras non son algo alleo a Galicia.
Un deses outros obxectivos que deixei no tinteiro ó referirme a `Nós feiramos de 2ª a 6ª´ é o de dar a coñecer un `sistema lexical moi relevante na nosa historia lingüística e política, pois o seu nacemento está intimamente vinculado ao Reino da Galiza (Galliciense Regnum) dos séculos V e VI´. En efecto, é debido a acción de san Martiño Dumiense no marco do Regnum Sueuorum siue Galliciense Regnum que os habitantes da Gallaecia adoptaron un sistema de medición baseado nunha herdanza xudeocristiá que rexeitaba os dies lunae, martis, mercurii, iovis e veneris; substituíndoos polas devanditas feiras. A día de hoxe só quedarían coma coincidentes os días da fin de semana, dado que estes son plenamente xudeu e cristiá (sabbath e dies domini) en substitución dos dies saturni e solis (aínda presentes no inglés, p.e.). Así pois, ó longo da Idade Media, o feirado usarase en ámbalas dúas ribeiras do Miño.
Vaia coma exemplo da previa aseveración este fragmento dunhas mandas testamentarias do s. XIII no entorno lucense:
Mesmo se dubidamos de se esta forma de nomear os días da semana deuse do mesmo xeito ó redor do Golfo Ártabro, cabe tamén amosar este fragmento dun traslado notarial de dúas cláusulas do testamento de Fernán Pérez de Andrade o Boo:
E, se aínda quedaran escépticos, aquí temos o encabezamento do testamento de Gonzalo Pérez de Mandiá:
Tras estes tres exemplos, queda clara a extensión do feirado ó longo de Galicia. Será coa implantación do castelán na escrita a partires do s. XVI cando se comezará a perder de vista esta nomenclatura semanal; sendo substituída polos nomes dos días provenientes dos nomes dos deuses romanos. Estes entrarán paseniñamente nos ámbitos populares xerando os actuais luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo.
Chegados a este punto, gustaríame recomendar o vídeo `quarta-feira logo vem´ da asociación cultural Gentalha do Pichel, que da nome a este artigo, para facerse unha idea do recordo que aínda perdura no rural respecto ós nomes da semana do ámbito galaico-portugués1.
Concluíndo: Non se pode desbotar á lixeira ou tomar por falacia unha iniciativa promovida por un determinado colectivo só polo feito de non coincidir politicamente con este; máis aínda cando estamos a falar de recuperar unha tradición histórica perfectamente documentada a través da escrita e da oralidade.
Quizais, dende o maxín que está a escribir este artigo, poderíase contemplar un uso indiferente de ámbolos dous sistemas dada a galeguización xa evidente dos días pagáns da semana; en todo caso, concordamos con esta proposta da que non cabe dúbida que está enfocada de cara ó mantemento da nosa consciencia respecto á adscrición da lingua dentro do bloque ibérico galaico-portugués.
1: https://www.youtube.com/watch?v=8dtRULG-cB8&t=88s
Yo tengo unos escritos en latín anteriores: Creo que hay que volver al latín, que es más tradicional.
Por cierto, una pregunta ¿Por qué mil cccos xxv es 1287 y no 1325?
Por cierto, ya que hablamos del latín: ¿Qué tiene que ver San Martín de Dumio -un húngaro que vivía en Braga al servicio del rey suevo de la provincia romana gallaecia- con el castellano o el gallego si vivió en el Siglo VI?. Por saber ¿Eh?
En primeiro lugar, falamos dunha lingua que aínda a día de hoxe permenece viva na nosa sociedade (ó pesares de xente que semella querer vela pronto igual de morta que o latín). Por certo, penso que ter unhas mínimas nocións xerais de latín ven moi ben de cara a unha cultura xeral.
En segundo lugar, a Era Hispánica mídese dende o ano 38 a.C., por iso o 1325 pasa a ser 1287.
En terceiro e último lugar, dicir que Martiño de Dumio ten que ver no sistema de feiras porque é a principal figura vinculada coa reorganización da igrexa na antiga provincia de Gallaecia, daquela Reino Suevo. Non dixen nada respecto da súa vinculación con linguas romances non documentadas no s. VI.
En conclusión, sorprende ver que se rexeite un sistema de medición temporal que aínda posúen os nosos veciños e que foi clave no ámbito galaico. Dende o asociacionismo cultural todo o que sexa coñecer mellor o noso pasado debe ser difundido e defendido. Non sei que farán noutros colectivos, pero nós témolo claro.
`¿No es, por tanto, una locura que el hombre bautizado en la fe de Cristo no honre el día del domingo, en el que Cristo resucitó, y diga que honra el de Júpiter, y de Mercurio, y de Venus, y de Saturno, los cuales no tienen ningún día, sino que fueron unos adúlteros, y perversos, e inicuos y desgraciadamente muertos en su Provincia? Pero, como ya dijimos, debajo de la apariencia de estos nombres, los hombres necios le prestan veneración y honor a los demonios. Igualmente se introdujo entre los ignorantes y rústicos aquel otro error por el que piensan que el principio del año son las calendas de enero, lo cual es falsísimo.´
http://webs.advance.com.ar/pfernando/DocsIglMed/MartindeBraga_De_correctione_rusticorum.html
Muchas gracias por la aclaración, no me acordaba de la diferencia entra la era hispánica y el año de Dios: Entonces, si no he entendido mal, se debería volver a nombrar los días de la semana en gallego con el sistema del reino suevo para no honrar a dioses paganos y mantener la tradición que propuso San Martín de Dumio ¿No?
Pois non, non entendeu, pero non hai problema, remitímoslle de novo o dito no artigo: «Quizais, dende o maxín que está a escribir este artigo, poderíase contemplar un uso indiferente de ámbolos dous sistemas dada a galeguización xa evidente dos días pagáns da semana».
O que propoñemos é o coñecemento dos dous sistemas. Por tanto, coma se di, non falamos de espir un santo para vestir outro. Se citamos as verbas de San Martiño foi por darlle resposta as súas dúbidas. Neste senso, parece necesario aclarar que cando en historia queremos explicar un constructo debemos expoñer as lóxicas sobre as que se levanta tal estructura; se ben isto non ten que supoñer que se compartan ou se defendan as mesmas. Haberá quen faga historia referenciándose só naquilo que lle é confortábel; non é o caso, porque nós, honestamente, tentamos na medida do posíbel ausentar a nosa persoa da narración histórica.
Así pois, defendedemos que non se perda un sistema de medición do tempo que se ten usado en Galicia, e que aínda pervive na memoria dos maiores dalgúns pobos galegos, tal e coma amosa o vídeo da Gentalha que remitimos no artigo. Por exemplo, e para que se entenda, tamén nos parece necesario que os rapaces aprendan a numeración romana, e non por iso estaríamos a dicir que se suprima a numeración arábiga. Se ben pode haber quen non «entenda» isto, dándolle a volta ás nosas palabras. Así coma nos parecería triste que un rapaz non soubese porque o capítulo dez do seu libro comeza cunha `X´, pois o mesmo nos parecería que un galego non saiba como vai iso das feiras «dos portugueses». Que hai quen dirá que iso de embarullar con dous sistemas de numeración non é práctico,e que os paliños e as `X´ non serven de nada… pois mire cada quen e moi libre de ordear as súas prioridades en base o mero utilitarismo; pero dende logo non é unha postura que podamos compartir nin manter dende o asociacionismo cultural.
Se alguén prefire, polo motivo que sexa, as feiras pois está no seu dereito; se ben nós, coma xa indicamos, non facemos unha selección «á carta» da historia segundo as nosas crenzas persoais.