Catro enfermeiros -tres rapazas e un mozo-, que cursan a especialidade de Enfermaría Familiar e Sociocomunitaria, iniciaron hoxe a súa rotación ao abeiro do convenio asinado entre o Concello de Ferrol, a través da Área de Benestar Social, e o Servizo Galego de Saúde (Sergas), co obxecto de que a Administración local colabore na rotación da formación dos EIR (enfermeiras/os internos residentes) da especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria da Unidade Docente Multiprofesional da Área Sanitaria de Ferrol.
Así o explicaba esta mañá a Concellería de Benestar Social, Muller, Igualdade e Mocidade, que participaba a primeira hora do acto de benvida a estes catro rapaces -tres da comunidade asturiana e unha moza galega- que, por segundo ano consecutivo, realizarán a súas prácticas (un mes) en servizos e edificios dependentes da Concellería de Benestar Social para nutrir a súa formación co paso polos distintos servizos sociais municipais de Ferrol, especialmente na Casa da Muller e na Casa de Acollida.
A parte de coñecer o traballo comunitario dos traballadores sociais das zonas de Caranza, zona rural, zona centro e da zona da Casa Solidaria, os catro enfermeiros que participan desta rotación terán a posibilidade de coñecer os diferentes traballos que o Concello realiza en materia de prevención e intervencións en drogodependencias, así como o traballo en dependencia, a atención a familias e menores, a asistencia dinamización á terceira idade ou as actuacións urxentes en vulnerabilidade social.
“Hoxe foi a súa primeira toma de contacto coa concelleira de Benestar Social onde inician Penso que é importante tecer redes”, manifestaba hoxe a concelleira, Saínza Ruiz, satisfeita por como se ten artellado esta colaboración Concello-Sergas.
Para completar a súa formación, está previsto que poidan acudir a visitar distintas entidades da cidade que esten diretamente relacionadas co ámbito da saúde a longo deste mes de prácticas que inician no día de hoxe.