Aberto o prazo para a inscrición no programa «Ferrol a escena 2018»

Instante dunha representación – Domingos a Escena

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar, un ano mais, o programa «Ferrol a Escena 2018» co obxecto de contribuír a difusión e promoción do teatro, folclore, música e danza e demais manifestacións artísticas a nivel afeccionado no termo municipal.

Tal e como se recolle nas bases, a convocatoria está aberta a a tódolos grupos de artes escénicas afeccionados do municipio que estean debidamente inscritos no Rexistro municipal de entidades cidadás así como as asociacións veciñais do Concello de Ferrol, que tamén figuren no mesmo.

Os grupos que opten á participación desde Ferrol a Escena 2018 deberán cumprimentar o formulario a achegar a documentación requirida nas bases, que estarán a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello, no horario habitual de luns a venres e no taboleiro de anuncios da páxina web www.ferrol.gal.

Lea también

Neda activa este venres un ciclo de cinema documental, da man do “Outono das artes”

O Concello de Neda aposta nos meses de setembro e outubro polo cinema documental. Grazas …