O BNG propón que Ferrol se sume á conmemoración da revolta popular de 1918

O Bloque Nacionalista galego de Ferrol presenta unha moción co obxectivo de que o Concello de Ferrol se sume à comemoración da Revolta Popular de Marzo de 1918 que tivo lugar na comarca, que colabore coa comisión organizadora e coloque unha placa no edificio do antigo hospicio lembrando esta efeméride, unha poposta que será defendida no pleno da corporacion por representantes da comisión creada na comarca para a recuperación da memoria destes acontecementos.

O BNG considera que estes acontecementos, que deixaron unha fonda pegada nas xentes da zona, non son hoxe todo o coñecidos e recoñecidos que deberan. En ningunha outra zona do país se manifestaron con tanta crueza os conflitos sociais desta época convulsa, e así pode confirmarse pola extensa información que deles se daba na prensa da época malia a feroz censura que se aplicou. Por iso, creen que a recuperación deste capítulo da nosa historia e a homenaxe ás vítimas que perderon a vida naqueles sucesos teñen que ter non só o apoio social, senón tamén a implicación institucional necesaria para que a memoria histórica do pobo non caia no esquecemento e as xeracións presentes e futuras deste concello coñezan os episodios máis importantes da terra que habitan.

No mes de marzo de 1918 aconteceu en toda a comarca de Ferrolterra unha Revolta Popular, (coñecida como Revolta das Pedradas) motivada pola escaseza dos produtos de subsistencia, a carestía de vida, e liderada polas mulleres das clases populares da comarca.

Estamos no principio dun século XX que vén marcado pola Primeira Guerra Mundial, a aparición do nacionalismo organizado, a mobilización agraria, e a influencia da revolución Rusa maioritariamente na clase obreira. No contexto bélico, o estado español favorece o negocio de vender trigo e outras materias primas aos países en conflito, pero desabastecendo os mercados internos.

Estes feitos fan que proliferen os acaparadores que intentan sacar uns beneficios abusivos polas mercadorías que venden, moitas destas de primeira necesidade coma o pan, o carbón, o aceite ou a cera. Desde o goberno do estado en vez de combater esta situación lesiva co pobo o que se fai é agravala ao impor ás deputacións e aos concellos a recadación do impostos de consumos. Impostos moi gravosos e que ademais se reparten de maneira discriminatoria.

Neste contexto e nesta dinámica a faísca da protesta prende nas principais localidades da comarca e arredores. As protestas que comezan en Xuvia o 8 de marzo contra a carestía da vida sáldanse con varias persoas feridas de bala, co cal decídese entre as clases populares lideradas por comisións de mulleres parar a subministración de alimentos a Ferrol. As medidas de protesta sucédense nos diferentes días con manifestacións de mulleres, paros nas fabricas, estaleiros e arsenal, peche de comercios, protestas contra comercios de acaparadores, concentracións fronte as casas das familias adiñeiradas e alcaldes, ou o asaltos de trens con mercadorías. Estes episodios vanse repetindo polos diferentes concellos da comarca tendo gran intensidade en Neda, Ferrol, Fene e Narón, pero con ecos que chegan a puntos distantes da comarca coma Pontedeume, ou Valdoviño.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …

Un comentario

  1. Ramón Balseiro

    Estos perdieron el norte de manera definitiva. Ya no hay nada que hacer.