O Foro Ferrol Vivo entrega nas administracións a declaración de apoio á candidatura de Patrimonio da Humanidade

Entrega do documento no rexistro do Concello de Ferrol – Foro Ferrol Vivo

Ao longo desta mañá, tres representantes do Foro Ferrol Vivo -Rüediger Arndt, Rosa Ramos e Manuel Cendán- presentaron nos rexistros de Concello, Mancomunidade, Deputación, Dirección Xeral de Patrimonio (Xunta) e Ministerio de Cultura (Goberno central) a Declaración de Apoio á candidatura ferrolá a Patrimonio Mundial, asinada polos cinco alcaldes que traballaron no expediente xa rematado no acto que se celebrou na tarde do pasado sábado 20 no Antigo Hospicio.

Deste xeito, entregan o documento ás tres administracións que deben traballar -e aprobar, no seu caso- co expediente -Concello, Xunta e Goberno central-, solicitando que dito escrito se inclúa no mesmo, ao tempo que animan á Mancomunidade -que ten entre os seus integrantes, ademais de Ferrol, a dous municipios con bens incluidos na candidatura, como son o de Ares e Mugardos- e á Deputación Provincial a sumarse a este apoio unánime á proposta ferrolá.

O Foro Ferrol Vivo segue coa recollida de sinaturas e adhesións particulares e de entidades locais, iniciativa que tamén comezaron o sábado -con máis de 150 de persoas e asociacións asistentes ao evento- e que se prolongará, polo menos, ata finais de febreiro. En vindeiras datas, entregaranse por diferentes locais as follas de sinaturas para continuar coa campaña, que pretende complementar accións similares, tanto de hai anos, como hai tan só unhas semanas en change.org.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …