A residente de Enfermaría Familiar e Comunitaria da Xerencia Integrada de Ferrol, Irene Villaverde Fonseca, presentou esta fin de semana en Vigo, no 3º Congreso da Sociedade Galega de Feridas, un traballo sobre a Evolución e seguimento de ferida abrasiva por cemento, que foi situado como semifinalista entre os dez mellores traballos presentados. Segundo indica esta profesional, “a atención ás abrasións por materiais de construción, como o cemento, son excepcionais nos centros de saúde”, xa que este tipo de lesións soe producirse con maior frecuencia no entorno laboral, e, por tanto, acostuman a ser tratadas polos profesionais de enfermaría e medicina do traballo ou nos propias mutuas asociadas.
Irene Villaverde subliña precisamente este aspecto, “as profesionais de Enfermaría debemos actualizar os nosos coñecementos continuamente no ámbito das feridas, como profesionais especialistas dos centros de saúde, aínda que os coidados deste tipo de lesións non sexan as habituais”. Nese senso, lembra que “os materiais de uso habitual como o cemento poden entrañar perigos, reaccións químicas ou alérxicas, que a Enfermaría debe coñecer”; e engade que se debe “saber o máximo posible de feridas, incluso daquelas que polas súa peculiaridades non son habituais”.
No traballo valoraron tamén que moitas veces a poboación descoñece os perigos de elementos habituais no entorno, e subliña que a mellor medida de prevención é a protección axeitada da pel. Estableceron como obxectivo do traballo “a achega ó coñecemento da práctica enfermeira e a resolución de lesións”, posto que, matizan “o noso obxectivo prioritario sempre é o paciente”.
Empregouse para a exposición un caso clínico concreto, un paciente de 52 anos de idade que acode á consulta de Enfermaría con queimadura por abrasión en cara anterior de perna dereita producida mentres realizaba obras con cemento no seu domicilio. Realizáronse curas de xeito sistemático con apósito de hidrofibra de hidrocoloide e film de poliuretano transparente, que facilita o seguimento, e evita a infección. Á sexta semana se producira unha resolución completa das lesións, “e en ningún momento se observaron signos de infección ni tampouco maceración do pel perilesional”.