El Foro de Amigos de Ferrol apoya la petición ciudadana de que Ferrol se abra al mar.
Na segunda metade do século XVIII, o Arsenal de Ferrol foi cercado por unha muralla de pedra e un foxo alimentado de auga do mar, estendendo o seu peche desde o porto de Curuxeiras ata o Real Estaleiro de Esteiro. Desaparecido o foxo por razóns de salubridade, hoxe a muralla do Arsenal esténdese ao longo duns mil metros entre as Portas do Dique e do Parque, separando un Arsenal e unha cidade que naceron xuntos por unha decisión da Coroa, e establecendo unha antiestética barreira que illa a Ferrol das augas da ría, significando ademais un innegable aldraxe nese fracasado camiño cara ao Patrimonio da Humanidade.
No último terzo de século XIX, por mor da construción do novo dique de San Xulián ou da Campá, derrubouse o tramo da muralla orixinal do século XVIII comprendido entre a porta do Dique e a zona onde hoxe se levanta o edificio da Pescadería, sendo substituída por unha muralla de nova construción, previa ocupación dun terreo pertencente á cidade, coa conseguinte desaparición de parte da Alameda orixinal do século XVIII.
Esta parte da muralla, que non é a orixinal da época de la Ilustración, debería derrubarse e substituírse por un enreixado metálico, dotado das axeitadas medidas de seguridade, similar ao instalado pola Empresa Navantia nas súas instalacións situadas fronte á praza das Angustias. Deste xeito, quedaría á vista pública e poñeríase en valor o monumental Dique da Campá.
De momento poderíase manter como está o resto da muralla (que realmente é a orixinal), estendida desde a Pescadería ata a Porta do Parque, ao longo do chamado Puerto Chico do Arsenal, un singular espazo do século XVIII, hoxe afeado abondo por unha serie de construcións industriais, de nulo interese estético, que ademais, caso de derrubo da muralla, amosarían á vista a súa parte traseira por estar dando fronte ao mar.
O problema da muralla de peche do Arsenal Militar está a pedir unha solución global, dentro do illamento da ampla fachada marítima que se estende entre A Malata e Caranza, incluíndo as instalacións da Empresa Navantia e da Autoridade Portuaria, que separan a cidade de Ferrol das augas da ría.
Nesa solución cumpre incluír unha decidida actuación do Concello de Ferrol, derrubando eses horribles edificios que nunca se deberon levantar na Alameda. Deste xeito poñeríase en valor o paseo e avenida dos Irmandiños, hoxe convertida nunha incómoda e antiestética arteria circulatoria.
Pola transcrición Juan J. Burgoa
Lo malo de querer condensar demasiadas cosas en el mismo artículo es que se cometen inconcreciones: Si se pretende presentar algún día una candidatura seria del patrimonio industrial y militar de la Ilustración no se puede pretender que el cerramiento del principal bien catalogado sea derribado y sustituido por una verja:La muralla es tan parte del Arsenal como la Cortina o la Puerta del Dique, y efectivamente es original entre la Cortina y Puerto Chico, ya que el resto se retranqueo para construir el dique. Lo que implica que es contemporánea al mismo; anterior, de hecho. puesto que el el dique se construyó después de retranquearla.
Ese supuesto «aldraxe», por tanto, tiene tanto sentido como decir que los muros de San Julián no dejan ver el Altar Mayor.
La solución integral de la que usted habla para el aislamiento de la amplia fachada marítima me resulta difícil de entender; Que el puerto (con verja o abierto), el Arsenal MILITAR (con parte de su cerramiento del Siglo XVIII y parte del XIX) Navantia (que tiene un muro de hormigón que no vale un duro) y los paseos marítimos requieran una solución integral me parece demasiado complicado hasta de entender. Lo que creo que daría un impulso al Camino Inglés y mejoraría mucho la ciudad sería tirar lo que queda de muralla de Navantia entre Herrerías y el pabellón que la Armada tiene en la zona.
Lo del derribo del Mercado provisional es cierto: Hace tiempo que deberían haberlo derribado.