O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, anunciou ao mediodía deste domingo na Festa do Río de Terra Galega que o vindeiro 23 de setembro deixará o seu cargo no Concello con motivo da súa próxima xubilación.
O rexedor, que comezou a súa carreira política na cidade hai trinta e catro anos, deu as grazas a todos os veciños e veciñas de Narón que apoiaron ao equipo de TEGA “nos momentos difíciles e nos peores anos da crise”. No acto do partido, que reuniu este domingo na área recreativa de Pedroso a algo máis de setecentas persoas, Blanco “cedeu o timón” á primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, “unha muller preparada e cun gran equipo que, xuntos, van conseguir que nun ano ninguén se acorde de min”. “Ese será o meu maior orgullo, porque significará que Narón segue medrando por riba do personalismo”, subliñou o alcalde.
O acto comezou cunha sesión vermú, trala que tomou a palabra o coordinador local de TEGA en Narón, Ibán Santalla, que tras agradecer a asistencia ao acto de militantes e simpatizantes do partido, explicou que, “xente nova como min e moitos compañeiros e compañeiras imos dar un paso adiante para coller as rendas do partido en Narón, e confiamos unha vez máis no voso apoio”. Sobre o relevo de Blanco por parte de Marián Ferreiro, Santalla dirixiuse aos presentes recordando “unha frase que me dixo unha persoa maior non hai moito tempo: Neniño, non hai casa que sexa gobernada por unha muller que vaia mal”.
A continuación falou o coordinador xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, que recordou que coñeceu a Blanco cando os dous eran uns nenos. “Por casualidades da vida tocounos traballar xuntos cando eu tiña 23 anos e el algún máis, e desde aí estivemos xuntos na vida sindical, na política, nas asociación de veciños… foi meu compañeiro, meu amigo….” , dixo un emocionado Sánchez Fojo antes de ter que facer unha pausa para continuar co seu discurso. Tralos aplausos dos asistentes, o secretario xeral continuou dando as grazas a Blanco “por ser o alcalde e a persoa que fuche, por facer un equipo e polo moito traballo feito por Narón”.
Subiu a continuación o alcalde que, en ton de broma, recriminou a Sánchez Fojo que se dirixise a el en pasado en todo momento, “porque di que fun, fun, fun… e vou seguir sendo”. O rexedor local asegurou que “marcho coa cabeza alta, cada un ten que vivir coas circunstancias do seu tempo e os nosos foron duros, pero soubemos afrontalos”. Blanco deu as grazas aos asistentes á Festa do Río “polo voso apoio nos momentos máis difíciles e por formar parte da historia e do crecemento de Narón, que sen vós non existiría”. Rematou desexando moita sorte a Marián Ferreiro, “unha muller de confianza, preparada, traballando sempre para que todo saíra non ben, senón perfecto” , e ao equipo de TEGA, para ao finalizar pedir aos asistentes o seu apoio ás políticas de TEGA en Narón.
O propio Blanco deu paso “á futura alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro”, que iniciou a súa intervención asegurando ter “sentimentos un tanto encontrados”. “Por un lado sinto ilusión por afrontar esa nova etapa e por outro unha certa nostalxia, xa que Blanco remata a súa traxectoria como alcalde”. Sobre esta última, Ferreiro destacou que “foi exemplar e contribuíu a que TEGA siga sendo vista polos naroneses e naronesas como a mellor opción de goberno”. Agradeceulle “o seu liderazgo e o feito de manter unido ao equipo do Concello, as súas ensinanzas e paciencias e”, dixo emocionada, “moi no persoal, grazas por crer en min e impulsarme para que chegara ata aquí”. Finalmente, Ferreiro subliñou que “para nós sempre serás un líder” e recoñeceu que a súa chegada á alcaldía será “un gran reto que desexo responder como se merece, con todo o maior esforzo, para o que conto co equipo de Terra Galega”. A portavoz de TEGA en Narón rematou pedindo aos asistentes “a vosa confianza para poder gañar a alcaldía no ano 2019 e continuar traballando polo benenestar da nosa xente”.
Tralo turno de intervencións proxectouse un video no que se repasaba a carreira política de José Manuel Blanco en Narón, desde a súa entrada na corporación local, no ano 1983. A continuación os asistentes gozaron dun xantar de confraternidade baixo unha carpa instalada en Pedroso para a ocasión.
Como gran colofón, las obras recientemente realizadas en la calle Río Masma, donde dejaron el aglomerado a la altura del bordillo (veremos qué pasa cuando llueva fuerte), sacaron plazas de aparcamiento del entorno de la iglesia parroquial, y la tan cacareada «accesibilidad» a la que aludieron para solicitar la subvención, se reduce a poner una docena de bordillos para «separar» la zona de coches aparcados de la zona de tránsito de peatones. Está la cosa tan mala que ni un tramo de 20 metros de acera se puede hacer. Otra de las chapuzas en Narón. Decididamente, muchos años en el cargo hace perder la perspectiva.