Ferrol ven de experimentar un importe reponte como destino turístico no Noroeste galego, gracias, en parte ao tirón que está a ter a promoción do Camiño Inglés a Compostela, xunto con outros eventos deportivos, festivos e culturais e a base do noso patrimonio industrial, marítimo e natural que contan con respaldo do Concello, a través da Concellería de Turismo, Cultura e Festas, que nos sitúan como unha visita imprescindible.
Este verán, Ferrol incrementou o seu número de turísticas un 22% con respecto aos datos rexistrado no mesmo período do ano 2014. Nos meses de xullo, agosto as dúas oficinas municipais de turismo, sitas na Praza de España e no barrio de Ferrol Vello, Atención ao Peregrino, atenderon un total de 10.682 persoas.
Do total de 10.682 visitantes, 2.694 foron peregrinos que iniciaban na cidade o Camiño Inglés, o 25,22 % do total, cando hai tan só 3 anos, en 2014, este segmento representaba en torno ao 6% do turismo na cidade. O turismo nacional supuxo o 72,17%, das visitas, con 7709 persoas, fronte ao internacional con 2171 visitantes (20,32%).
PERFIL, PROCEDENCIA E INTERESES AMOSADOS POLOS VISITANTES
No plano estatal e por comunidades, Madrid (27,82%), foi a comunidade da que procedían case unha terceira parte dos turistas que chegaron este verán a Ferrol, seguido de Andalucía (9’40%), Castela e León (9’30%), Cataluña (8’42%), Euskadi (7’31%) e Comunidade Valenciana (5’6%).
Os turistas internacionais que máis nos visitaron este verán foron 813 italianos (o 37’45% do total), 278 franceses (12’80%), 215 alemáns (9’9%), 161 portugueses (7’42%), 130 británicos (5’98%), seguidos en menor medida de holandeses, irlandeses, suízos e ata rusos (20 persoas). De fóra de Europa, destacaron os turistas procedentes de EEUU (93 persoas) e de Arxentina (44 persoas).
No referente ao perfil do visitante, o 51’53% foron mulleres e o o 48’47% homes, maioritariamente no grupo de idade 31-60 anos (55’76%), seguidos dos menores de 30 anos (20’6%) e finalmente os maiores de 60 anos que supuxeron o 15’56% do total.
Os turistas que pasaron polas oficinas municipais de Ferrol amosaron interese en:
Patrimonio 24’23%
Eventos 14’76%
Natureza 11’97%
Gastronomía 4,50%
Outros 42% (peregrinos, turismo activo, surf, ver familia/amigos, arte urbana…)
OCUPACIÓN HOTELEIRA VERÁN 2017 E NOVAS TENDENCIAS
No referente á ocupación hoteleira, os datos que nos facilitaron os 8 hoteis enquisados de Ferrol arroxan unha media do 82’25% de ocupación en xullo e do 90% en agosto, dándose o caso dun hotel ao 100% en ambos os meses. Con todo, o normal foi unha ocupación lixeiramente superior no mes de agosto na maioría dos establecementos.
O Concello de Ferrol, a través da Empresa Mixta de Turismo, multiplicou e implementou a súa presenza turística promocional a través e grazas as novas tecnoloxías, en webs de turismo, revista e reservas online, aplicacións para teléfonos intelixentes, unha ferramenta para teléfonos intelixentes e o reparto de información e guías entre os establecementos hostaleiros e hoteleiros.
A tendencia turística actual, tanto en Ferrol como noutras tantas urbes, é que cada vez menos turistas pásense polas oficinas de turismo dos seus destinos e preparen a súa viaxe-itinerario coa información da que xa dispoñen por múltiples canles.
A partires de outubro, o formulario da enquisa turística de Ferrol incluirá preguntas específicas sobre interese na práctica do surf e noutras actividades de turismo activo e arte urbano.