O espectáculo Dous no Camiño chega mañá ao paseo marítimo de Xuvia

Os actores Fran Rei e Isabel Risco estarán mañá en Narón, donde terá lugar o espectáculo Dous no Camiño, enmarcado no programa Cultural “Vive o Camiño”, impulsado pola Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo. A cita será ás 19.00 horas no paseo marítimo de Xuvia.

A través desta proposta cultural os veciños e veciñas terán a oportunidade de ver a dous peregrinos que percorren o Camiño Inglés, neste caso os propios Fran Rei e Isabel Risco, que farán unha parada en Narón, un dos concellos polos que discurre esta ruta de peregrinaxe cara a Compostela. Rei e risco interactuarán coas persoas que acudan ao espectáculo, inmersos nos seus papeis de Atanasio e Teodoro, dous discípulos de Santiago que levaron os seus restos a Compostela. Trátase dun espectáculo de animación de creación e dirección propias no que os dous actores se atopan perdidos nunha longa viaxe, aínda que comproban que a pesares do paso do tempo a esencia do Camiño de Santiago continúa igual que hai séculos.

Desde o goberno local naronés animan á cidadanía a asistir a esta cita, na que o público gozará do paso deste programa cultural polo municipio.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …