Cincocentas persoas déronse cita no xantar popular da festa do Pimento do Couto

A programación da décimo novena edición da “Festa gastronómica do Pemento do Couto”, desenvolveuse este domingo na parroquia naronesa do Couto. As inmediacións do local social da Picota acolleron ao mediodía un xantar popular a base de pementos do Couto, churrasco, criollos, cachelos, pan, auga e viño, ao que asistiron unhas cincocentas persoas. O Concello, a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, a AVV do Couto e a Cooperativa do Val coorganizaron esta exitosa convocatoria que se desenrolaron ao longo do día.

Pasadas as 13.00 horas retomábase a programación –iniciada o sábado- con motivo desta celebración. O Doutor en Botánica Carlos Rodríguez Dacal foi o pregoeiro deste ano. Na súa intervención, acompañado polos integrantes da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, eloxiou as cualidades do pemento do Couto e tamén destacou a traxectoria desta festividade en Narón, “que é o mellor escenario para a visualización deste pemento”. Rodríguez Dacal calificou pemento como “ouro verde” e subliñou “o seu gran valor culinario” e a súa excelente calidade, recordando que conta con Indicación Xeográfica Protexida desde o ano 2010. “Ao pemento do Couto albíscaselle un futuro prometedor, que é posible porque as xentes de diferentes agrupacións e institucións traballaron arreo”, asegurou. Tras repasar parte da historia deste produto da horta, Rodríguez Dacal rematou a súa intervención cun dito popular: “Cando vexas o pemento do Couto, come moito e fala pouco”, dixo, para a continuación desexar longa vida a esta celebración. Finalizada a súa intervención, a concelleira de Festas, Mar Gómez, entregoulle como agasallo unha figura de cerámica.

Unha vez rematado o pregón, o presidente da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, Tomás Casal, convidou a subir ao escenario do local social da Picota a Xoán Crujeiras, integrante do Grupo Nove Cociñeiros e que recolleu o Pemento de Honor de mans do alcalde, José Manuel Blanco. Previamente Mar Gómez vestíralle a capa da Orde e Crujeiras realizara o pertinente xuramento para formar parte da mesma. Na súa intervención, agradeceu o recoñecemento ao Grupo Nove Cociñeiros, en nome dos vinte e catro integrantes do equipo, e amosou a súa satisfacción por esta distinción.

Pechou o acto o alcalde, José Manuel Blanco, que felicitou á organización polo traballo realizado, ao pregoeiro e ao Grupo Nove Cociñeiros e tamén subliñou o respaldo da veciñanza a esta festividade, unha das máis concurridas do municipio e da comarca.

A continuación os asistentes ao evento dirixíronse á zona da carballeira, a escasos metros do local social, donde tivo lugar un xantar popular ao que acudiron unhas cincocentas persoas. Cociñáronse aproximadamente cen quilos de pementos do Couto –fritidos e con sal- e uns douscentos de churrasco, un xantar que os comensais degustaron ao aire libre, nunha área habilitada con mesas e sillas.

Pola tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas, organizouse unha visita guiada dramatizada ao mosteiro do Couto. O actor Suso Rodríguez asumiu o rol do cabaleiro naronés Froila Bermúdez –fillo dos Condes de Traba-, e guiou aos asistentes dende o local social do Couto ata o mosteiro, para percorrer parte das súas instalacións. Ás 18.00 horas comezou a actuación, na zona da carballeira, dun grupo musical, para animar aos asistentes a esta nova edición da “Festa gastronómica do Pemento do Couto”.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …