Narón abrirá o vindeiro luns o prazo para solicitar a instalación de postos no XVI Mercado de segunda man

O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá o vindeiro 30 de novembro o XVI Mercado de segunda man organizado polo Concello. A edil responsable da área de Feiras e Mercados, Mar Gómez, informou que o vindeiro luns, 3 de novembro ás 8.30 horas, se abrirá o prazo para solicitar a instalación de postos neste mercado.

Poderán instalar postos de venda particulares maiores de idade, non comerciantes nin vendedores ambulantes. Un dos requisitos é que non se poderá vender artesanía, produtos alimenticios, bebidas nin animais. A inscrición é de balde pero esixirase un compromiso de asistencia e de aportación solidaria de catro quilos de alimentos non perecedeiros ou produtos de limpeza para doar ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

O mercado abrirá as sús portas en horario de mañá e tarde, de 10.30 a 14.30 e dende as 16.00 ata as 19.00 e a montaxe do posto poderase realizar o día previo ao evento, o 29 de novembro, de 18.00 a 21.00 horas ou o propio domingo 30 de 8.00 a 10.00 horas.

En total hai 70 prazas, que se concederán por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade as persoas empadroadas en Narón, trámite que se pode realizar ata o venres 21 de novembro ás 13.30 horas. As inscricións deben realizarse no Rexistro Xeral do Concello -de 8.30 a 13.30 horas-, a través da Sede Electrónica ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas. É preciso utilizar o formulario normalizado disponible na Sede Electrónica do Concello (no apartado Información pública- Actividades).

As persoas que teñan concedida finalmente unha das prazas ofertadas recibirán unha comunicación telefónica entre o 24 e o 26 de novembro, publicándose a maiores o listado de persoas admitidas e suplentes na web do Concello (naron.gal). Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión1502).

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …