O BNG recolle sinaturas contra a taxa de saneamento

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol decidiu iniciar unha recollida de sinaturas co obxectivo de facerlle ver ao goberno local, por un lado, que os veciños e veciñas de Ferrol «non podemos asumir o pago do despropósito no que se converteu a xestión do saneamento na cidade mediante a imposición dunha taxa por un servizo de saneamento que non cumpre coa lexislación e, por outro, que queremos que a xestión dos servizos básicos da cidade sexa pública e transparente polo que non ten sentido que este goberno entregue a depuradora a EMAFESA e a xestión dos interceptores a VIAQUA e menos cando esa infraestrutura non é nosa«.

Para o BNG a imposición dunha nova taxa de saneamento non debería ser o eixo sobre o que xirara o debate sobre o saneamento na nosa cidade, xa que o mesmo debería darse sobre o modelo que se nos impón cunha rede unitaria con excesivos tanques de tormentas, insostible económicamente e no que ademais de non poder decidir sobre o trazado dos colectores o Estado, a Xunta e o actual goberno «pretenden que asumamos nós o custe da obra e á súa posta en funcionamento e que ademais vai supoñer uns costes desorbitados para os veciños e veciñas desta cidade«.

En canto a taxa que «se nos pretende impoñer» cumpre lembrar que a lexislación obriga a someter a este tipo de ordenanzas a un estudo de custes reais, algo que non acontece tal e como se recolle en todos os informes municipais existentes: tanto no do enxeñeiro, como no do interventor, como no pre-informe da empresa Audigal.

Hai que indicar que os custes desta nova taxa se calculan sobre uns gastos totais que se situan nos 2,5 millóns de euros, cando EMAFESA ten entregado ao Cocello de Ferrol o gasto que lle supuxo a xestión da infraestructura ao longo do último mes que foi de 168.282,47 € o que, múltiplicado por 12 meses, da un resultado de 2,019 millóns de euros, isto é menos do gasto previsto nos estudos que serviron de base para a elaboración da actual proposta de taxa.

Desde o BNG «descoñecemos por que se temos os gastos reais dun mes do funcionamento da depuradora, cuantificado por EMAFESA, por que seguen empeñados en tomar como referencia os cálculos cuestionables que desenvolveu previamente EMAFESA para a xestión da depuradora«. O BNG sinala que neses estudos hai dúas cuestións fundamentais que seguen sen aclararse que son: o gasto eléctrico que é a metade do gasto total e os volumes de caudais a tratar.

«Estas son as cuestións sobre as que deberíamos centrar o debate e non sobre aspectos menores como a baixa producida na licitación feita por ACUAES para a xestión dos interceptores e que non chega aos 15.000€ anuais ou a eliminación dos custes derivados da provisión de insolvencia que os mesmos informes técnicos que acompañan á taxa cuestionan a súa eliminación«, sinalan dende o BNG.

Outra das cuestións inasumíbeis  para o BNG son as condicións polas que EMAFESA xestiona a estación depuradora que seguen sen estar plasmadas en ningún sitio e non hai ningún contrato con EMAFESA para xestionar a depuradora. Censuramos que se siga a recurrir ao Protocolo de Execución Concertada que desenvolveu o Partido Popular vinculado ao convenio do ano 2012. Un PEC que non se corresponde coa realidade porque nel se incluía a xestión dos interceptores por parte de EMAFESA e non a través de ACUAES e que ademáis obrigaba a EMAFESA a asumir uns compromisos cun Plan de investimentos e de desenvolvimento do saneamento no rural que non existián en 2012 e que en 2017 tampouco.

Un PEC que recollía na claúsula 5 que a súa vixencia era de 2 anos e que polo tanto ao non terse aprobado a súa prorroga é un despropósito que este goberno recurra a el para xustificar que EMAFESA xestione a EDAR.

A mesma Directiva Marco do Auga que o PP no seu momento e que o goberno local de agora esgrimen como argumento para impoñer a taxa especifica que “quen contamina paga” e por tanto «a taxa que se pretende impoñer incumpre ese criterio xa que nesta cidade pretendese que paguemos por augas sen contaminar como son as augas pluviais«.

A isto hai que engadir que o informe do interventor estabelece reparos a unha taxa que non recolle os criterios de proporcionalidade e recuperación de custes dun ben escaso como a auga que a DMA establece, ademáis de que se seguen a producir verquidos directos à ría que esta mesma directiva prohibe.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …