O PSOE insta ao goberno municipal a dar un xiro sobre os campamentos para nenos

(Fot. GAD)

Esta mañá na Comisión Informativa de Benestar do Concello de Ferrol deuse conta dos Programas infantís para o verán, para os Socialistas é inconcebible que para a planificación das actividades para as/os nenas e nenos non se teña en conta aos barrios de Inferniño, Ultramar, San Xoán e Caranza, lugares que concentran un alto índice de poboación infantil e ademais, se deixe relegado a un segundo plano o centro dacidade.

A voceira socialista, Beatriz Sestayo, crítica a absoluta opacidade e falta de traballo da Concellería de Benestar, porque nas últimas dúas comisións informativas no que vai de mes, están esquecidos os asuntos relacionados coas políticas sociais e únicamente se trae na orde do día un único punto, hoxe mesmo, dando conta das actividades para nenos e na Comisión Informativa anterior os obradoiros dirixidos á muller.

Lea también

Ferrol destinará más 345.000 euros en la segunda fase de las aceras en el camino del cementerio de Serantes

El plan de barrios del Concello de Ferrol se está realizando durante esta semana en …