O alcalde de Narón e Yolanda Díaz abordaron diferentes asuntos de interese

naron-alcalde-yolandaO alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a deputada de En Marea, Yolanda Díaz, mantiveron na mañá deste luns unha reunión de traballo no Concello na que se abordaron diferentes asuntos de interese para a cidade. Blanco valorou o feito de que unha parlamentaria, neste caso de En Marea, «se preocupe polas necesidades dun Concello como o de Narón». Na xuntanza estiveron tamén presentes a primeira tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro do Grupo Mixto (EU), André Abeledo.

Demandas do concello

Os traballos dos interceptores xerais da marxe dereita da ría, unha actuación que depende do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, foron un dos temas abordados nesta convocatoria. Nunha reunión con Acuaes da Comisión Mixta en outubro deste ano, recordou Blanco, «comunicaron que os Concellos de Narón e Ferrol (nunha porcentaxe do 31% e o 69% respectivamente) deberán pagar máis que a propia Xunta de Galicia e que o Ministerio de Medio Ambiente, case cinco millóns de euros –nun prazo de corenta e cinco anos, co que a cantidade será moi superior- por non rematar as obras na data fixada, e aínda por riba tendo en conta que os Concellos non puidemos intervir na contratación nin na dirección desas obras». «Só pagamos e pedimos que traballen para que se prorroguen os fondos máis alá de 2015, tal e como estaba previsto nun principio, e que ao igual que poden facer esa xestión, se responsabilicen dos retrasos das obras por ser os que as contrataron e tiveron o control das mesmas».

No referente aos «grandes problemas» que dependen do citado Ministerio, asegurou Díaz, «xa fixemos algunhas interpelacións e levarémolas en forma de Iniciativa para que se vexan na obriga de responder en profundidade sobre o que está pasando, porque os veciños e veciñas de Narón e Ferrol, como dicía o alcalde, van pagar máis do dobre do consignado a pesar de que o equipo de goberno non ten responsabilidade dos retrasos acumulados». Díaz incidiu en que ten que asumir as consecuencias quen contratou a obra e denunciou o feito de que sexan os veciños e as veciñas os que teñan que asumir as responsabilidades dos erros do Goberno central.

Tamén se incidiu na reunión, tal e como explicou Blanco, na necesidade do inicio dos estudos para a redacción dun proxecto de futuro sobre a limpeza de lodos na zona de Ferrolterra, «porque hai tramos como no río do Tronco ou no Inxerto nos que se poderían recuperar áreas para o marisqueo».

As ofertas de solo industrial por parte do Sepes e o cambio de condicións do Plan Ferrol foron outras das demandas plantexadas polo alcalde naronés, xunto co tema das servidumes aeronáuticas que aplican na localidade, «que ata para facer un saneamento, que vai soterrado, obrigan a solicitar permiso, así como para tarefas de mantemento, o que supón un considerable retraso neste tipo de intervencións».

Plan Ferrol

En canto ao Plan Ferrol, Díaz calificou de «desastrosa» a súa xestión por parte do Goberno Central. «A nosa comarca, xunto con Cádiz e zonas de Extremadura, é das máis empobrecidas do Estado e é lamentable que haxa importantes recursos públicos e non se tramiten proxectos na zona coas necesidades que hai, polo que reiteraremos a petición para que se retiren os avais que se esixen e tamén a necesaria coordinación coa Sepes, para ver as posibles melloras que precisen as parcelas en canto a servizos tan necesarios como a banda larga». «É tamén indispensable coordinar a concesión de axudas do Ministerio coa posta a disposición das parcelas do Sepes para que o sistema sexa efectivo”, tal e como subliñou Blanco.

A deputada recalcou que, unha vez recibidas as demandas, «o noso compromiso agora é redactalas todas e cada unha delas, sempre co visto bo do goberno municipal».

En nome de En Marea, Yolanda Díaz agradeceu a colaboración do Concello de Narón nesta rolda de visitas que realiza polos concellos da comarca. «É certo que levan o protagonismo A Coruña, Vigo, Ferrol e Compostela e demais cidades, pero Narón está ás portas dunha das grandes vilas do país, non só en tamaño, senón tamén en relevancia e con proxectos que por si mesmos se divulgan e se difunden pola súa valía», apuntou Díaz.

Finalmente, a deputada de En Marea amosou a dispoñibilidade dos representantes do partido en Madrid para colaborar co Concello de Narón, mentres que Blanco destacou o feito de que un partido que está na oposición no goberno local de Narón (Grupo Mixto-EU) se interese desde Madrid polos problemas da cidade. «Non pode ser que cando haxa problemas nun concello solo se vaia a onde se goberna, porque hai moitos intereses dos veciños e veciñas que nos teñen que unir á oposición e ao goberno e así é como as cousas saen adiante», recalcou Blanco.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …

3 comentarios

  1. Cómo es que no va a Ferrol a hacer reuniones de «trabajo»? Sería lo más parecido a «trabajar» que haya hecho la Marea en año y medio.

  2. Recursos desaprovechados, como los que su amigo mareado perdió? Ferrol no para de perder subvenciones por culpa de los inútiles que no saben o no pueden hacer otra cosa más, que perjudicar a la ciudad

  3. El único compromiso de la hija pródiga es cargar contra toda oportunidad de mejora y de trabajo que beneficie a los ciudadanos. Es lo único que hace la diputada podemita