A AVV de Chanteiro únese as reclamacións sobre o arranxo da estrada Ares-Chanteiro

ares-carretera chanteiro-aresA directiva da Asociación de veciños de Chanteiro únese ás reclamacións sobre o arranxo da estrada Ares-Chanteiro.  Remitiron un comunicado no sde se sinala que «O pasado día 16 de outubro os veciños de Chanteiro, Cervás, Lubre e Ares acudiron a unha xuntanza convocada pola Asociación de Veciños de Chanteiro, debido á preocupación amosada pola veciñanza, dado o retraso no comezo das obras de ampliación e mellora da estrada da Deputación 402 Ares-Chanteiro.

A esta reunión estaba previsto que acudira o Alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, pero resultou que ademais contaron coa presenza de Valentín Gónzalez Formoso, Presidente da Deputación da Coruña, organismo responsable da execución da obra, e tamén co Concelleiro de Obras do consistorio aresán.
En dita xuntanza, o presidente da Deputación explicou que o retraso se debía a problemas coa compañía telefónica polo retranqueo dos postes. E afirmou que nun mes estes problemas estarían arranxados e comezarían as obras.
Unha vez pasada esta data, a AVVCH púxose en contacto co Presidente da Deputación mediante un escrito no que se lle pedía que cumprise a súa promesa. E ademais se lle propoñía, que de seguir co problema do retranqueo, optaran polo soterramento da liña, procedemento no que se aforrarían cartos, non habería presenza de postes nas beiras e ademais permitiría á poboación da zona poder desfrutar nas súas vivendas de internet por ADSL. Isto último non é posible hoxe en día debido a que Telefónica, ó longo dese cabreado, ten que colocar ”atenuadores de frecuencia”, xa que de non facelo habería interferencias coas emisoras de radio que emiten dende A Bailadora (Montefaro) , pero estes atenuadores fan que os veciños non poidan dispor de internet por ADSL.
A AVVCH tivo coñecemento de que o escrito foi recibido, xa que se puxeron en contacto coa directiva, tanto telefonicamente como por correo electrónico. Pero en ningún caso fixeron referencia á data de comezo das obras.
Así pois, case dous meses despois da reunión mantida en Chanteiro, non se ten noticia algunha de cando terá lugar o inicio do arranxo da estrada».

Chamada á manifestación do domingo

«Por outra banda, o vindeiro domingo 18 de decembro a Plataforma Veciñal estrada Ares-Chanteiro ten convocada unha manifestación, que consistirá nunha caravana de vehículos. A saída terá lugar na zona da praia de Chanteiro con incorporacións en Chanteiro, Cervás e Lubre, rematando en Ares, na praza do concello, onde se procederá á lectura dun escrito de protesta polo retraso inasumible que ten esta obra .
A AVVCH apoia plenamente dita iniciativa e instará e animará aos seus asociados a participar en dita manifestación». remata o comunicado

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …