Narón acolle tres actos conmemorativos do programa para celebrar o día da cidade

Este mércores, día 23, Día de Narón, terá lugar na cidade coa celebración de novos actos do programa conmemorativo desta festividade. Ás 12 horas dará comezo no salón de plenos do Concello a investidura do artista luso Manuel Patinha como Fillo Adoptivo de Narón. No transcurso desta convocatoria o alcalde, José Manuel Blanco, entregará un pergamiño a Patinha acreditando a concesión do citado título e tamén a Medalla de Narón. A corporación local aprobou o pasado mes de abril nun pleno este nomeamento, que se programou cun acto ao que están convidados amigos e familiares do homenaxeado, os edís da corporación local e representantes de asociacións e entidades veciñais de Narón.

Os actos trasladaranse pola tarde a Santa Icía, concretamente á Praza 23 de Novembro, donde entre as 16 e as 17:30 horas haberá un obradoiro infantil no que os nenos poderán construír instrumentos musicais a partir de materiais de refugallo. A continuación, entre as 17:30 e as 18:45 horas, o grupo Gramola Gominola actuará para os asistentes ao Festival Pequemiúdos.

Finalizará a programación a desenvolver mañá no Pazo da Cultura, donde se dará a coñecerás 20.00 horas o nome das persoas galardoadas no VIII Concurso de Pintura Cidade de Narón, cuxas obras se poderán ver nunha exposición que permanecerá instalada no hall do Pazo ata o vindeiro 12 de decembro. O certame repartirá este ano 2.850 euros en premios, dos que 1.500 serán para o autor da obra mellor puntuada polo xurado; 750 para a segunda e 400 para a terceira. Haberá ademais o premio especial Francisco Criado, dotado con 200 euros. A Asociación de Veciños Ceibe de San Xiao colaborou co Padroado da Cultura na organización desta nova edición do certame.

 

O programa de actos conmemorativos do Día de Narón, que se iniciou o pasado 18 de novembro coa XXVIII Gala do Deporte de Narón e continuou o día 19 coa homenaxe ás empresas Megasa, Tranvías de Ferrol e Grupo Intaf, por levar 75 anos ou máis asentadas no Concello, continuará o sábado día 26.

Neste último acto, que se celebrará no Val a partir das 17 horas procederase a dar o nome de Antonio Martínez Aneiros, primeiro alcalde da etapa democrática de Narón, a unha rúa da citada parroquia e tamén se procederá a denominar Complexo social Antonio Martínez Aneiros a un conxunto de instalacións localizadas no Val (centro de saúde, escola, pista polideportiva, etc.). A Asociación de Veciños Os Irmandiños do Val impulsou esta proposta, aprobada no pleno e respaldada tamén pola Fundación Terra de Trasancos e a Sociedade Deportiva O Val.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …