Unha unidade móbil ADOS estará en Narón este martes

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este martes día 28 en Narón. O vehículo ubicarase nas inmediacións do novo centro de saúde, estando operativo en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.

Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, terán que esperar dúas horas para facelo.

Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. As persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

“As nosas tradicións” volve ás escolas infantís de Narón co outono como primeira parada

A iniciativa da concellaría de Política Lingüística achega a unhas cen familias información, curiosidades e …