O Municipio de Cabanas proponse retomar a Escola Base de Fútbol

Desde o Concello e o Club Juventud de Cabanas queren retomar a Escola Base de Fútbol, polo que animan a nenos e nenas interesados a anotarse e facer posible a iniciativa. Para iso, deberán dirixirse ó departamento municipal de Deportes e presentar a solicitude, ben presencialmente –na pranta baixa da casa consistorial- ben a través do enderezo electrónico cultura@cabanas.es.

De constatar demanda, Concello e clube organizarán unha xornada de portas abertas no campo municipal de A Veiga. Nesta ocasión, o Club Juventud de Cabanas actuaría como anfitrión para aquelas persoas interesadas en coñecer as instalacións, onde se levarían a cabo os adestramentos.

Lea también

O CIM das Pontes reforza a súa acción integral en 2025

Coincidindo coa programación do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Centro de Información …