Manuel Polo e Pilar Lozano serán as representantes de Ferrolterra nas candidaturas do BNG

Foto de archivo. O actual Deputado, Néstor Rego.

O Consello Nacional do BNG ven de aprobar as candidaturas coas que concurrirán as eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro que no caso da Coruña volverá a encabezar o actual Deputado, Néstor Rego. 

No caso da comarca de Ferrolterra os representantes do BNG serán o concelleiro de Fene, Manuel Polo, que se situa de nº 3 na candidatura ao Congreso e a Responsábel Comarcal, Pilar Lozano, que figura de primeira suplente do cabeza de lista ao Senado que é, Bieto Lobeira.

O BNG ten un obxectivo claro de cara ao 29N: «conseguir máis forza para Galiza, máis capacidade para defender os seus intereses e para defender a vida digna da xente deste País».

O BNG salienta o permanente traballo e presenza da comarca de Ferrol na lexislatura que ven de rematar a través do traballo do BNG nas cortes, principalmente para loitar frente o proceso terríbel de desindustrialización que padeceu a nosa cmarca, despois do fechamento de distintas empresas e no que o BNG presentou propostas para reindustrializar de distintos sectores, tamén do naval.

Así mesmo, advirte o BNG sobre a necesidade dun BNG forte nas Cortes para resolver todas as débedas pendentes da noca comarca como as infraestruturas e servizos ferroviarios entre outras moitas.

Lea también

Las listas gallegas del PP: del exportavoz del SUP a Rey Varela de número uno en la candidatura coruñesa al Senado

El intercambio entre cámaras y algún nombre nuevo facilitan el encaje de unas listas con …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *