O grupo de goberno de Narón quere saír ao paso das declaracións do portavoz do Partido Popular lembrando que no primeiro ano deste mandato realizou investimentos en obras e servizos por valor de máis de 3 millóns de euros e que deu pasos decisivos en infraestruturas clave como o saneamento da ría e da zona rural ou a construción do novo centro de saúde, actuacións que invalidan as acusacións da formación conservadora, que perdeu tres concelleiros nas últimas eleccións municipais.
Nun comunicado o grupo de goberno fai unha analise da labor realizado no primeiro ano de mandato
«Por áreas, en Cultura desbloqueouse a instalación da cuncha acústica do Pazo da Cultura grazas á colaboración coa Deputación da Coruña, unha intervención que permitirá ampliar o abano de espectáculos que actualmente se ofrecen neste espazo e que fan de Narón un concello de referencia no norte de Galicia na materia. Nesa liña, cómpre sinalar que arredor de 8.500 cativas e cativos de Narón e comarca asistiron á campaña de teatro infantil e xuvenil e que no último ano alcanzouse a cifra de 45.000 espectadores nos actos programados no Pazo e no Auditorio-. Ademais, hai perto de 1.400 persoas inscritas nas diferentes escolas do Padroado de Cultura e mantívose a colaboración institucional coas diferentes entidades asociativas na celebración dos diferentes eventos que fan de Narón un concello con entidade de seu.
En Urbanismo, ademais de avanzar na elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, intensificouse a colaboración co concello veciño, participando conxuntamente na convocatoria de axudas para o desenvolvemento do Plan Urban coa estratexia “Ría de Ferrol, cidade 2020”, coa que opta á concesión de 15 millóns de euros.
En Turismo e Formación, aproximadamente un milleiro de veciñas e veciños de Narón participaron das acción formativas desenvolvidas polo Concello, como o programa Habilita 2015 e as Accións Formativas para Desempregados. Hai que destacar a posta en marcha de novos cursos, como o de Panadería e Pastelería, únicos na comarca. No referido ao Turismo, habilitouse un Punto de Información Turística permanente no baixo da Casa do Concello e estase a traballar nun plan estratéxico que vai incluír un inventario de bens e recursos de interese turístico.
Outra iniciativa importante que obvia o portavoz do Partido Popular é a organización do I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial, que vén a reforzar a aposta deste Concello nunha materia na que xa era pioneiro.
O grupo de goberno está a executar tamén varios investimentos para manter en bo estado as instalacións deportivas do concello e incrementou as axudas de libre concorrencia ás que poden optar as entidades da cidade.
En Obras e Servizos, os investimentos superan os tres millóns de euros, repartidos entre a instalación de LED nos barrios urbanos da Gándara e A Solaina; os 600.000 euros no saneamento rural –O Val, Vicás e Sedes-; a renovación da rede de abastecemento na zona urbana, con 407.000 euros; a construción do local social de Pedroso na antiga rectoral -360.000 euros-; os traballos de pavimentación e accesibilidade en rúas e camiños rurais con máis dun millón de euros; ou os perto de 200.000 destinados á mellora das instalacións deportivas, entre outros. A adaptación dos parques do concello á normativa europea de seguridade en áreas de xogo, a campaña de reciclaxe de vidro dirixida ao sector hostaleiro, a localización e eliminación de vertedoiros incontrolados, a aprobación do proxecto para a construción dun novo parque infantil na Gándara e dun circuíto vita-deportivo en Xuvia son outras actuacións que se teñen levado a cabo nos 12 últimos meses.
O departamento de Ensino e Bibliotecas, pola súa banda, alcanzou a cifra de 40.000 usuarios e ampliou o programa de almorzos escolares á totalidade dos centros de ensino públicos, ademais de avanzar na creación da “Bbteca”, dirixida ás crianzas máis novas.
En Promoción Económica e Xestión Orzamentaria, aumentáronse as bonificacións nas taxas municipais, creándose unha nova, do 50%; aprobouse a proposta de baixa do 8% na aplicación do coeficiente de actualizaciuón do valor catastral para o 2017 e presentouse no marzo orzamentario para o actual trienio unha nova baixada do coeficiente aplicable ao valor catastral ao 0,66 para o presente ano, o 0,63 para 2017 e o 0,60 para o 2018.
En Sanidade deuse o paso definitivo para desbloquear a construción do centro de saúde coa sinatura, o pasado 6 de xuño, do convenio coa Consellería de Sanidade, e en Participación Cidadá púxose en marcha o Portal de Transparencia, que mesmo recibiu os parabéns da Federación Española de Municipios e Provincias.
Ademais, o Concello de Narón reforzou a colaboración con outras institucións e administracións da contorna –é o caso do Concello de Ferrol- e fíxose unha aposta por potenciar a Mancomunidade de Municipios.
Estas son as realidades que o Partido Popular non quere ver».
Es decir, que excepto lo de poner lad lámparas LED, que pagó el Concello (a saber si no estuvo subvencionado eso también), del resto no hicieron nada, porque la concha del Pazo la paga la Diputación, el saneamiento el Estado, el Centro de Salud la Xunta… y suma y sigue. Vender como acción de gobierno que la biblioteca tengs 40.000 usuarios ya me parece una desfachatez (y de dudosa veracidad, porque Narón tiene 39.565 vecinos).
Vender lo que hacen otras administraciones…. si no gobernase ningún partido en Narón y se dejase la butaca vacía…. Harían las mismas cosas.
O saneamento págao a xentiña de Narón, non o Estado. Nin a rede municipal -as acometidas son ben caras-, nin os interceptores -xa que o Concello asinou con Aguas de Galicia unha condena a 40 anos por unha obra de interese xeral, que por certo, están a pagar so os usuarios actuais, e non todo o mundo-.
Acaso parte dos cartos que esas administracións supramunicipais aportan ao Concello de Narón, e ao resto, non son os que lle corresponden? Ou o PP non quere que a veciñanza de Narón reciba o que lle pertence doutras administracións? desde logo é o que dan a entender… porque se non fose polas reclamacións e xestións feitas desde o goberno local de Narón desde logo non habería ningunha desas obras porque o PP non pide nada para Narón nas administracións nas que goberna…Ou acaso realizaron algúnha xestión por vontade propia e sen estar en campaña electoral?
Un ayuntamiento paralizado y en los medios no, pero en persona, le echan la culpa a funcionarios. Todas esas cosas que ponen en la noticia no son gracias a TEGA, si no a otros. Pero bueno…. propaganda, lo de siempre.