O Pleno do Concello Narón aproba unha declaración de condena e rexeitamento de calquera forma de narcotráfico

Archivo

Na sesión extraordinaria do pleno de Narón celebrada na tarde de onte xoves no Concello aprobouse por unanimidade unha declaración de condena e rexeitamento públicos e firmes de calquera forma de narcotráfico, crime organizado e branqueamento das súas figuras, manifestando o apoio institucional ás vítimas e ás entidades que loitan contra a drogadicción en Narón.

Así mesmo, amosouse unha condena institucional de calquera comportamento, xesto ou manifestación pública que poida supor unha banalización nas consecuencias do narcotráfico. O pleno do concello reiterou o compromiso ético de todos os representantes municipais na defensa dos valores de honestidade, responsabilidade e dignidade institucional.

O voceiro de Terra Galega, Román Romero manifestou “as desculpas do grupo, se alguén se sentiu ofendido”, deixando claro, que “un erro non é un delito, nin unha foto unha falta de ética”, e que “dende o grupo de goberno cremos que a política debe basearse en feitos, non en titulares; en responsabilidades reais, non en linchamentos mediáticos.”

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …