Aprobada a moción de TEGA e BNG reclamando á Xunta investimentos para Narón

O pleno celebrado este xoves 30 no Consistorio de Narón, aprobou unha moción dos grupos municipais de Terra Galega e BNG instando á Xunta a incluir investimentos en Narón nos seus orzamentos para o ano 2026; entre as solicitudes destacan un plan de investimentos para ampliar a rede de saneamento e abastecemento rural, ao igual que se fai noutros concellos; un centro integral de atención ás persoas maiores; un plan de melloras para os centros de ensino públicos que inclúa os servizos de comedor e madrugadores; un centro integrado de Formación Profesional, a renovación de beirarrúas na estrada de Cedeira, a xestión das escolas infantís, unha liña de transporte público que conecte os barrios da Gándara e da Solaina co Concello, o centro de saúde e os dous institutos da cidade ou un plan de limpeza dos ríos que transcorren por Narón.

Outra moción aprobada foi a dos grupos municipais de TEGA, BNG e PSOE relativa á reivindicación do día 25 de novembro e á necesidade de incrementar os recursos públicos para facer fronte á violencia machista. A corporación municipal tamén realizou unha Declaración Institucional por un tren do século XXI para Ferrolterra, Eume e Ortegal, atendendo á solicitude feita polo Foro Cidadán polo Ferrolcarril.

Na sesión plenaria quedou aprobado, así mesmo, un expediente de modificación de crédito por importe de 191.252,39 euros. Desta contía, tal e como explicou o edil unha partida de 69.700 euros destinaranse á instalación da climatización da Escola Infantil sa Solaina. Así mesmo, 36.300 euros serán para traballos de sinalización horizontal de vía municipais e 11.000 euros para dúas casetas para almacenazxe de material deportivo no campo do fútbol do Cadaval e no Pavillón do Val.

Tamén sairon adiante sendas mocións do PP e do PSOE relativas á mellora no servizo de axuda no fogar (SAF); unha moción do PSOE para a modificación do Regulamento do Servizo Municipal de Abastecemento de Auga e Saneamento, e outra do BNG para a elaboración dun plan de acción local de vivenda.

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …