Recuperando a memoria do barrio de Recimil

recimil-27-5A área de Benestar Social, que dirixe Beatriz Sestayo, continua a traballar intensamente pola recuperación social e cultural do barrio de Recimil, no marco do Plan socio comunitario co que se están a impulsar numerosas actividades encamiñadas a mellorar a convivencia.

Neste contexto o CEIP de Recimil acolleu unha xornada na que os alumnos dos dous cursos de terceiro de Primaria tiveron a oportunidade de falar cos veciños que participaron nos Encontros da Memoria, nos que se puxo en valor a historia do barrio.

Tratouse dun acto interxeracional no que os maiores lles trasladaron ós pequenos a enorme historia que agochan as vivendas de Recimil e do seu propio grupo escolar. O proxecto orixinal do barrio data xa do ano 1929 e débese ao arquitecto Santiago Rey Pedreira, que ideou un barrio de trazado e igual número de vivendas, que se construirían para rematar con varios anos de necesidades da mesma en tempos en continuo crecemento. A este proxecto se lle engadiu a creación de locais comerciais, un mercado e o grupo escolar.

Pero ademais os nenos puideron coñecer algúns dos xogos e xoguetes tradicionais, que elaboraron os propios integrantes dos Encontros da Memoria, como a billarda, unha hélice feita con arame, barcos de cáscara de noz e papel, dardos de de cartón e madeira de saúco ou o pita carneiro.

Xoguetes elaborados polos maiores rememorando a súa infancia que agora foron doados ó colexio de Recimil para que poidan ser expostos e sirvan para manter esta parte importante do coñecemento colectivo e oral do barrio.

 

Lea también

Este viernes se puso en servicio un nuevo tramo de la Avenida de As Pías

El Delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, supervisó en la mañana de este viernes, …