O BNG de Ferrol considera imprescindíbel á remunicipalización da empresa Emafesa

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol á vista da situación económica da empresa EMAFESA, abordada nunha xunta de portavoces, considera imprescindíbel «que se proceda á remunicipalización da empresa Emafesa e se exixan responsabilidades tanto á parte privada da empresa como á Xunta de Galiza, en contra do criterio que pretende aplicar o goberno local mediante unha operación de branqueamento para reformular o equilibrio accionarial da mesma a través da compra das accións do socio privado».

Fuente Emafesa

Rivas lembra que «o BNG leva máis de 10 anos advertindo en solitario no nefasto que resultaba para a veciñanza de Ferrol a decisión do PP en 2014 de arrogarse a xestión da depuradora». «Desde aquela seguimos a asumir os gastos do concello de Narón, despois de ter pagar a reparación da EDAR e asumir os gastos dun sistema de depuración unitario cun custes inasumibles, e onde a Xunta de Galiza e a parte privada da empresa se eximen de responsabilidade grazas á complicidade do goberno local»

Para Rivas resulta «totalmente inaceptable a actitude do actual alcalde, que sendo o responsable inicial da situación actual desde o momento en que se fixo cargo dunha infraestrutura supramunicipal como é a EDAR para eximir de responsabilidades á Xunta de Galiza e incrementar o volume de negocio da parte privada de EMAFESA, non só non rectificou desde a súa chegada ao goberno en cidade en 2023 senón que fixo cargar sobre as costas da veciñanza as consecuencias das súas decisións incrementando o custe dos recibos do auga ao inicio do mandato».

«Mesmo no momento actual, continúa nesta fuxida cara adiante e no canto de municipalizar o servizo, devolver a EDAR á Xunta e exixir responsabilidades á empresa pola deficiente xestión, pretende esconder o problema debaixo da alfombra mediante a inxección de diñeiro público e sen asumir a municipalización do servizo».

O portavoz municipal do BNG de Ferrol preguntouse «que máis ten que pasar para que o goberno local esixa responsabilidades á parte privada de EMAFESA e a Xunta de Galiza, remunicipalice a empresa e deixe de repercutir na veciñanza de Ferrol o desastre da xestión da depuración no concello de Ferrol que o PP decidiu iniciar en 2014″.

Lea también

El TSXG confirma un año y ocho meses de prisión por un robo con fuerza en la cantina de un campo de fútbol en Ferrol

El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha confirmado la condena de un año …