Informar VS influenciar

miguel anjoMiguel Anjo González García

Non fai falla ter grandes coñecementos en medios de comunicación ni no arte da influencia social pra darse de conta de que, dun tempo a esta parte os grandes Mass Media deixaron o seu principal traballo o cal, consistía en informar pra pasar ao que se denomina influenciar

Ven isto a conta, polo que vivimos nestas derradeiras eleccións ao parlamento español pra as cales, os grandes poderes da información deste país,  entregaron se a un bipartidismo a catro desprezando incluso a partidos que teñen representación desde principios da democracia pra, o mesmo tempo, nom parar de upar  e promover partidos recén creados. Todos puidemos ver, un bombardeo sistemático de supostos novos líderes desde, uns bailando a conga, outros nos principais programas de ruge- ruge e outros nom tan novos, en programas de cociña eso si, presumindo de non saber acender unha vitrocerámica

Nin que dicir ten, que neste momento histórico que estamos a vivir a figura do líder triunfou, sobre “os votantes ao partido” e os «votantes a política» . O problema ven cando o líder substitúe ao proxecto que simboliza (caso claro o do partido de Ciudadanos, que sin ter pra Galiza proxecto político, negando se a aparecer nos debates nos medios de comunicación con os outros partidos), conseguiu un moi importante número de votos no noso país incluso, por encima do BNG o cal, levaba máis de vinte anos no congreso defendendo os sectores produtivos galegos , a língua, o medio ambiente en definitiva aos galegos e galegas con un discurso e un proxecto político coherente en todo este tempo.

É dicir, como di Xosé Manuel Sabucedo catedrático de psicoloxía social da USC estamos nun momento no cal se aposta máis pola personificación da política máis que polo debate ideolóxico. A gran maioría dos votantes sobre todo os que votan aos grandes partidos políticos xamais na súa vida coñeceran en persoa ao líder que o representa co cal, todo o que coñezan del será polo que filtren os medios de comunicación, polo que estes seleccionen e transmitan del.  «no se pode elixir aquilo que non coñecemos» ou » «o que non aparece nos medios non existe». Parece que hay un interese claro polo sistema, de upar algúns candidatos e ignorar a outros. Non hay probas que demostren que as mellores opcións políticas sexan as que, conten con maior respaldo dos medios de comunicación

Tamén desde un tempo a esta parte e sobre todo nestas derradeiras eleccións puidemos comprobar, como se facía mención ao chamado voto útil  co fin, de evitar o triunfo de outras formacións políticas co cal, estamos influenciando ao votante que ía elixir un determinado partido político non o faga porque non ten posibilidade de éxito. Porén o que estamos a facer é que ese partido político teña menores posibilidades de triunfar.

Mais xa deixando a un lado o tema destas eleccións, tamén podemos ver de un tempo a esta parte como os medios xa máis que informar dedican se a influenciar nos chamados “medios da caverna mediática”. Se miramos os telexornais destes medios, podemos comprobar que entre noticia e noticia  (xa de entrada a gran maioría sesgadas) como o presentador, permite se dar a súa interpretación da noticia. É dicir, xa no so dan a noticia con sesgo senón que, te a mastigan e te a trituran pra que o telespectador a dixera sen pararse a pensar sobre esta.

Xa pra rematar vivimos nun momento histórico no que, como dicía xa fai uns cantos anos, Herbert Marcuse sociólogo e filósofo xudeu  «Pode se realmente diferenciar entre os medios de comunicación de masas como instrumento de información e diversión , e como medios de manipulación e adoutrinamento?» .

 

 

MIGUEL ANJO GONZALEZ GARCIA

 

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …