O Concello de Ferrol realizou ás doce do mediodía deste xoves a ofrenda institucional que cada ano se ven colocando na tomba do escritor Gonzalo Torrente Ballester, coincidindo, co 17 cabodano do seu pasamento.
O acto estivo encabezado polo alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Benestar Social, que depositaron a ofrenda no camposanto de San Salvador. O acto contou coa representación de concelleiros do(Partido Popular, así como representantes da asociación de veciños de Serantes, do Real Coro Toxos e Froles, ademais do profesor Jose Antonio Ponte Far, estudoso da obra de Torrente e persoeiros do vida cultural da comarca.
“Como alcalde de Ferrol, como lector voraz e amante da literatura, é xusto lembrar a figura dun ferrolán universal, que fixo bandeira de Serantes, que bebeu destas paisaxes, da fala e das xentes, das historias e persoeiros para deixar ese poso torrentiano na historial universal das Letras”, manifestou o rexedor.
Gonzalo Torrente Ballester (Ferrol 1910- Salamanca 1999), naceu e viviu en Serantes, foi alumno no Tirso de Molina e, tras rematar a súa formación académica, deu clases de Gramática, Historia e Latín na Academia Rapariz.
Na súa obra, densa e excelsa, cóntanse preto de medio cento de títulos en novela, teatro, ensaio, adaptacións e artigos xornalísticos que lle valeron recoñecementos como o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Narrativa.
Manda leches trabajar no se si trabajan, pero lo que es salir en las fotos de actos que en estos tiempos es lo que menos importan a la gente sin trabajo ,estan al dia.