A sala de exposicións temporais da casa da cultura de Valdoviño acolle a mostra «educacion en feminino: un paseo pola historia. edición 2025-2026» .
Cada unha das pezas está deseñada polo alumnado da Universidade de Graos de Mestrado do Campus de Lugo, e está adicada a unha educadora ou colectivo. Entre elas, podemos atoparnos a Sabela Díaz Regueiro, que durante dúas décadas exerceu a docencia na escola unitaria de Pantín.
Alí despregou unha metedoloxía freinetiana, na que a escola estaba aberta á vida, á familia, á contorna, e á actividade económica, política, social e cultural do territorio.
A aprendizaxe baseábase nunha metodoloxía natural e cooperativa, que incluía accións como a horta escolar e o contacto cos animais, as saídas ao exterior, programas de radio… e unha implicación do máis activa por parte das familias.
Con entrada de balde, poderá visitarse ata o vindeiro 25 de novembro de luns a venres en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas)
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

