¿Centros de interpretación do Patrimonio ou erráticos parques temáticos?

 

burgoa-211114jjburgoa@hotmail.com-TIRANDO A DAR

No pouco afortunado proxecto de recuperación da conexión entre os Xardíns de San Francisco e a Costa de Mella a través dunhas escadas tipo lucernario, a colocación dun ascensor, a remodelación dos xardíns e o acondicionamento dos baixos abovedados da Costa de Mella, fálase de preparar o seu interior para o seu uso como Centro de Interpretación.

Un Centro de Interpretación é un concepto moderno, que admite moitas «interpretacións» (variantes), mesmo físicas, no seu aspecto formal e na súa función. Estes Centros empezaron a proliferar na década do 1990; en ocasións son meros sucedáneos de pouca entidade dos museos; outras veces estamos simplemente ante un Parque Temático. O certo é que a primeira e fundamental condición que deben cumprir estes Centros é que deben estar vencellados, física e funcionalmente, aos Bens Culturais que pretenden «interpretar».

Na súa última intervención pública a Concelleira de Patrimonio informou que o contido do previsto Centro de Interpretación da Costa de Mella dedicaríase, entre outras cousas, a«facer fincapé na historia arqueolóxica da cidade». Estudosos do tema consideran inadecuada  esta finalidade, apreciando que o uso máis axeitado do mesmo sería o de Centro de Interpretación da Cidade Ilustrada, precisamente dada a súa situación central e próxima aos Bens de Interese Cultural do barrio da Madalena.

BURGOA-13-12-1

Por outra banda, entre as temas prioritarios da Concelleira de Patrimonio está a recuperación do maltratado Castelo de San Felipe. Neste caso, ademais dos interesantes proxectos que ten previsto a súa Concellería para a súa posta en valor, como feito fundamental cumpre salientar a necesidade de integrar no devandito Castelo un Centro de Interpretación das Fortificacións, que dea a coñecer o conxunto das construcións defensivas (tanto castelos como baterías) da ría de Ferrol, de xeito tal que os visitantes, partindo de San Felipe, podan continuar o percorrido por estas instalacións.

BURGOA-13-12-2

 

 

 

 

 

ANOTACIÓNS DUN OÍNTE. Baixo a miña consideración de que a actual Concelleira de Patrimonio é unha persoa coñecedora dos temas da súa responsabilidade, é importante facer unha reflexión sobre a xestión cultural que está a levar a cabo a errática Corporación municipal na que se integra.

As competencias das áreas de Cultura, Patrimonio, Ocio e Turismo están moi ligadas entre elas e conectadas de seu, polo que ao ter dentro do Concello catro titulares (moi) diferentes ao fronte das mesmas, estanse a xerar visibles disfuncións. Por exemplo, ? En que área recaería a responsabilidade dunha Ruta do Modernismo en Ferrol, supoñendo que este Concello fose quen de organizala ?

 

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …

3 comentarios

  1. Errático Jimenez

    los centros de interpretación, así como los contenedores culturales u observatorios de toda índole sirven para: 1.-dilapidar fondos públicos. 2-aburrir turistas. 3.-enchufar amiguitos.

  2. Yo es que cuando leo a artilleros hablar de patrimonio me quedo boquiabierto!

    • ¿y que tendrá que ver la profesión de una persona con el derecho a interesarse por lo que le plazca? se puede ser artillero (o lo que se sea) y experto en patrimonio. afortunadamente.