Celebrouse o I Foro Cívico que aposta pola participación Concello-veciñanza

Fot. Luís Mª Taboada
Fot. Luís Mª Taboada

O I Foro Cívico do Concello de Ferrol ‘Reiniciamos’ deu este xoves a tarde o primeiro paso adiante cara un Ferrol de construción colectiva que aposta por tecer redes de participación directa e entre o Goberno local e a veciñanza, abrindo novas canles de comunicación na toma de decisións para implicalos na na diagnose e resolución dos problemas, coa exposición das ideas, inquedanzas, vivencias e experiencias previas.

Este I Foro Cívico congregou a mais dun cento de veciños no Teatro Jofre nun acto que arrancaba pasadas as seis da tarde coa intervención do alcalde, Jorge Suárez, e do Concelleiro de Participación e Normalización Lingüística, Álvaro Montes Celeiro.

Sumáronse preto de 150 veciños, a título individual, ou como representantes de moitas das entidades culturais, empresariais e veciñais dos barrios e parroquias do Concello. Entre os asistentes tamén se contaban outros concelleiros da corporación local como Esther Leira e Rosa Méndez, de Vivenda e Rehabilitación e Medio Rural e Patrimonio Histórico, así como José Tomé e José Pedrouzo.

Agrádame ver hoxe por aquí a moita xente do tecido veciñal e do mundo da cultura que veñen a apostar pola participación, pola construción da cidade que se atopa nunha situación complexa e con recursos moi limitados para tratar de darlle a volta entre todos”, manifestou o alcalde na apertura do I Foro.

Pola súa banda, o concelleiro de Participación, Álvaro Montes, avogou por envorcar as ideas, desexos e achegas colectivas no Foro como os vimbios sobre os que facer cidade de todos.

A celebración deste I Foro Cívico é o primeiro paso para artellar as ferramentas precisas para recuperar a democracia directa e participativa no Concello de Ferrol, de xeito que se se conecte a Administración local cos seus veciños, problemáticas, e necesidades. Isto pasa, necesariamente, por darlle voz a veciñanza para que recupere o protagonismo na toma de decisións. Precede a constitución, no 2016, dos Consellos Sectoriais (Sociosanitario, Lingua, Deportes, Cultura..), e as Asembleas de barrio que terá o seu reflexo nos vindeiros orzamentos municipais.

Lea también

Ortigueira, galardonada en el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’

El Concello de Ortigueira ha sido reconocido con el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’, un …

4 comentarios

  1. Non parece pola foto de Luis Taboada que haxa as 200 persoas que anunciou Alvaro Montes

  2. VERGONZOSO. Fuimos ayer allí a que nos tomaran el pelo. Todo amañado. Buen rollito del alcalde y sus secuaces, y los demás, de convidados de piedra. Menuda forma de «participación».

  3. En Ferrol hay inscritas 231 asociaciones (Fuente web municipal: de Vecinos, Culturales-deportivas, Sociosanitarias, Bnéficas, de Mujeres y Ecologistas). Si son precisas 3 personas para crear una asociación, como mínimo, estamos en 693 personas. Aún suponiendo que hay personas inscritas en más de una, creo que la participación ha sido muy escasa: no creo que el alcalde pueda decir que hay mucha gente.
    O no hay interés, o hay que actualizar el censo de entidades.

  4. Estuve. Apenas si había 60 personas. Un desastre.