A CIG-Ensino presentou a candidatura ás próximas eleccións sindicais

cig-ensino-10-11A CIG-Ensino fixo pública na maña deste luns, día 10,a candidatura da Comarca de Ferrol coa que se vai presentar ás eleccións sindicais do 4 de decembro no ensino público non universitario e nas que terán dereito a voto máis de trinta mil docentes (2165 na comarca de Ferrol) e nas que se elixirán un total 140 delegados e delegadas. As candidaturas da CIG-Ensino están integradas por un total de 697 docentes, 186 pola circunscrición de A Coruña, 47 da nosa comarca, e conformadas por profesorado de todos os niveis educativos, ensinanzas non universitarias e diferentes situacións administrativas, ademais de gardar un criterio de paridade, na nosa comarca 26 mulleres e 22 homes.

Nas candidaturas que a CIG-Ensino presenta a estas eleccións, co obxectivo de revalidar os resultados das anteriores, destaca a presenza de docentes involucrados/as na defensa e galeguización do ensino público, na normalización lingüística, implicados coa renovación e innovación educativa, persoas relevantes no ámbito cultural e comprometidas co traballo profesional e co recoñecemento da función docente.

Liñas básicas do programa da CIG-Ensino

A CIG-Ensino preséntase ás eleccións sindicais «co obxectivo de conseguir outro modelo de representación máis democrático e participativo, continuar na loita contra a LOMCE até conseguir a súa derrogación, combater o desmantelamento do ensino público e acadar a restitución de todos os dereitos laborais , salariais e profesionais do profesorado».
Entre as medidas que propón a CIG-Ensino destaca:
-Restitución dos horarios e dos dereitos salariais.
– Formación permanente gratuíta dentro do horario lectivo
-Estabilidade no posto de traballo para o profesorado interino.
-Dereito indefinido á xubilación voluntaria aos 60 anos e 25 de servizo ou 30 anos de servizo co 100% das retribucións. Xubilación obrigatoria aos 65 anos.
-Aposta por un estatuto galego do profesorado que restitúa os nosos dereitos salariais e laborais, recolla medidas para valorar o noso traballo docente e as reivindicacións .
-Procurar un sistema educativo galego, inserido na nosa realidade nacional, baseado no ensino público, na equidade e igualdade de oportunidades, na prevención do fracaso escolar, na xestión democrática dos centros e na revalorización da función docente.
-A aprobación dunha lei do sistema educativo galego baseada no ensino público, galego, laico, coeducativo e democrático e nun plan orzamentario que dedique o 7% do PIB a Educación.
-Conseguir a derrogación do Decreto do plurilingüismo e a aplicación do Plan de normalización lingüística
-Combater os concertos educativos.
-Defender un ensino laico .
-Uns cadros de persoal amplos e suficientes .
-A redución de alumnado por aula: até un máximo de 15 en educación infantil, 20 en primaria e secundaria e 25 en bacharelato.
-A xestión democrática dos centros. Soberanía do claustro no ámbito pedagóxico-didáctico e laboral-profesional. Elección democrática das direccións dos centros, incluídas as dos centros integrados.
-Supresión das taxas de reposición.
-Unha nova planificación do sistema educativo no medio rural .
-A dotación e ampliación de persoal de administración e servizos en todos os centros públicos e coidadores e coidadoras onde sexan necesarios.
-Reestabelecemento da xornada reducida matinal en xuño e setembro.
-Dotación en todos os centros de servizo de comedor e oferta gratuíta das actividade extraescolares.
-Restabelecemento da gratuidade dos libros de texto e extensión a todo o material didáctico en educación infantil, primaria e ESO.
-Derogación da Lei de convivencia, do Decreto de comedores e de admisión do alumnado e da FP Dual

Lea también

El Auditorio de Ferrol llevará el nombre del músico Álvaro Lamas tras el respaldo unánime del pleno

El pleno del Concello de Ferrol aprobó por unanimidad este jueves el inicio del expediente …