jjburgoa@hotmail.com– TIRANDO A DAR
En xullo do pasado ano 2012 o pintor ferrolán González Collado firmou a cesión ao Concello da cidade de 200 das súas obras, baixo o compromiso da súa exposición de forma permanente. Hoxe en día, o artista ferrolán, indignado con toda razón, está a esperar o cumprimento deste acordo. Unha vez máis, ponse en evidencia a triste política cultural deste Concello, situación que ven de atrás, pero agravada hoxe pola xestión do nefasto Concelleiro de Cultura actual.
Ferrol, cabeceira dunha ampla comarca de máis de 600 quilómetros cadrados que abrangue once concellos, non dispón dun Museo da Cidade, como teñen localidades de menor entidade, para que veciños e visitantes poidan coñecer o Patrimonio Cultural dunha cidade con historia de seu, vila de señorío dos Andrade con foros desde o século XIII, vila de reguengo baixo a xurisdición da Coroa desde o século XVIII e urbe ilustrada con título de cidade desde o ano 1858.
Ferrol dispón dun Centro Cultural Municipal, un amplo edificio dazaoitesco que albergou o Hospital de Caridade fundado por Sánchez de Aguilera, cuxa parte nobre, a súa zona sur, unha vez acondicionada e equipada, poderíase usar para expor eses bens culturais (non soamente pintura, gravado e escultura) que hoxe se atopan dispersos por diferentes lugares da cidade e mesmo fóra dela. Por exemplo, por qué non xestionar a cesión temporal de obras de Álvarez de Sotomayor ou de Pérez Villaamil, hoxe non expostas ao público no Museo do Prado ?
Ademais da colección de pintura de González Collado o Concello posúe unha serie de obras de interese de artistas locais ou afincados na urbe, como son Sotomayor, Villaamil, Agustín Robles, Eduardo de la Vega, Máximo Ramos, Vicente Díaz, Imeldo Corral, Bello Piñeiro, Segura Torrella e outros. Estamos a falar de máis de cen obras, moitas delas abandonadas de calquera forma en almacéns, ou colgadas de forma simplista nas escaleiras do Concello ou en salas e despachos pechados ao público, cando o Concello tan só debe albergar as obras de carácter institucional (retratos de Alcaldes o personaxes relacionadas coa vida municipal).
O aberrante deste caso é que o Concelleiro de Cultura fai oito meses dixo publicamente que se fixera un catálogo (non sería un inventario ?) dos fondos artísticos do Concello. Quen fixo ese catálogo ? Onde se publicou ? Como poden acceder ao mesmo os cidadáns para coñecer as obras que ten o Concello de Ferrol ?. Como sempre que se trata deste edil, non sabe ou non contesta. Triste lastre que arrastra esta Corporación Municipal.
O magnífico escudo da cidade, notable obra do ano 1787, que presidiu o frontis da antiga Casa Consistorial do Paseo das Delicias, continúa coa súa desleixada colocación no vestíbulo do Centro Cultural, mentres que o Cristo da Tahona, xoia patrimonial da cidade e único vestixio medieval da súa historia, tralo seu vergoñento peregrinaxe polo monte Gaiás, segue nun remoto lugar dese mesmo centro. Non falemos do que puido pasar coas pinturas murais de González Collado do Bambú Club ou de Xaime Quesada en paradoiro descoñecido.
O Centro Cultural debería albergar un Museo de Usos e Costumes, similar aos existentes noutras localidades próximas, de carácter tanto artístico e histórico como costumista e antropolóxico. Deste xeito podería amosar nas súas salas, ademais de obras pictóricas e escultóricas, outras lembranzas do patrimonio cultural da cidade, pertencentes ás nosas sinais de identidade, caso da Ilustración, o Modernismo, a Semana Santa ou as Pepitas, como exemplos dunha cidade de variada historia e longo percorrido como Ferrol. Mesmo entidades como a Armada, a Igrexa e a Exponav, entre outros, poderían ceder eses fondos de interese que non son capaces de expoñer ou que o fan de xeito irrelevante.
E mentres tanto, as asociacións culturais e os persoeiros da cultura ferrolán están caladiños. Dese xeito cando un atrévese a falar destas cousas, convértese no malo da película. País (miserable), que diría Forges.
Me alegro mucho de esta critica constructiva del poco interés que se tiene por la C ultura en Ferrol
Una vez mas,mas de lo mismo,¿que desgracia tendrá Ferrol para contar siempre con las corporaciones mas inoperantes de todo el mundo conocido,sean del signo que sean.Yo creo que habría que promocionar una especie de concurso de corporaciones ,como califica en alguna ocasión ,el autor del articulo,»ensimismadas» y al fin seriamos los primeros en algo.Que se va a esperar de unas autoridades,sean cuales sean,municipales que se les llena la boca con lo de :»Patrimonio de la Humanidad» y se dedican,en la medida de sus posibilidades,a expoliarlo,lease nuestros pavimentos diciochescos del barrio de la Magdalena,que poco a poco han pasado a mejor vida,siendo sustituidos por un magma de cemento en el que se incrustan algún que otro adoquin ,para poder destrozar todo lo que lo pisa,bien sean huesos de ciudadanos o neumáticos de automóviles.
¡O Tempora,O Mores!