Foro amigos de Ferrol/ O desleixo das antigas murallas de Ferrol

foro amigos ferrol-1Foro de amigos de Ferrol

O recinto amurallado de Ferrol da Ilustración foi executado por Dionisio Sánchez de Aguilera, Coronel de Enxeñeiros do Exército, consistindo nun muro de case 7 kms que arrodeaba la cidade, carente de foso defensivo e feito de lousa e sinxela cachotería. Dispoñía de máis de 200 pezas de artillería, dispostas en sete baluartes e nove baterías, tres portas de terra (Canido, Nova e Caranza) y tres de mar cos seus respectivos peiraos(Fontelonga, San Fernando e Curuxeiras). Desde comezos do século XX foi desaparecendo a muralla e moitos dos seus compoñentes por mor da expansión urbana.

foro-1Restos na Porta Nova

O ano 2010, durante o destrozo da Praza de España, apareceron restos da muralla e da Porta Nueva. Advertida a Concelleira de Cultura da Corporación municipal anterior para colocar encima unha cuberta dun material como o metacrilato ou similar, como se fai en moitos lugares, non tivo maior ocorrencia que ocultar os devanditos restos da vista pública. Coa remodelación da Praza de España o Concello ten a oportunidade de correxir este erro.

foro-2Novos restos da muralla

O ano 2012 apareceron novos restos da muralla de Ferrol á altura da ensenada da Malata, onde desemboca a estrada alta do porto. Estes restos non foron merecentes da mínima atención da Corporación municipal actual. Agora que o colectivo ferrolán «Acción Directa» fixo unha primeira limpeza semella o momento de que o Concello poña en valor estes restos da histórica muralla.

 O baluarte de Canidoforo-3

A maiores, outro elemento da antiga muralla, o Baluarte de Canido sufriu o maltrato doutra Corporación municipal previa ás dúas anteriores. Hoxe, mentres as pedras da muralla amosan a fermosa pegada dos vellos liques, continúa a faltar a garita que os ignorantes restauradores nunca colocaron.

 

EN RESUMO: TRES CORPORACIÓNS DISTINTAS, UNHA SOA VERGOÑA VERDADEIRA

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …

2 comentarios

  1. joseignaciodapenafernandez

    Personas como JJ. Burgoa y pocos más, están descubriendo la poca Cultura existent en las distintas corporaciones que han pasado por el Concello de Ferrol ¡así nos va!y queremos que Ferrol sea Patrimonio de la Humanidad, lo importante de las corporaciones es autorizar las Grandes superficies Comericales, destrozar los pequeños comercios y tiendas ¿Que quedará de Ferrol cuando abra sus puertas Carrefur? un desierto, sin gente sin nadie, una ciudad fantasma, donde poco a poco se iran comprando calles, huertos, casas etc. y ferrol en Carrefur, Alcampo Odeón y algo más que traeran a Ferrol o alrrededores, pensemos ferrolanos que sentimos nuestra tierra, que los beneficos de esas areas comericlales se van al extranjero y no a España ¿Recuerden?

  2. Eliseo Zaera Rios

    Amigo Juan: Non son bos tempos para as reflexións e as análisis… Penso que hai que esperar á segunda quincena de setembro e sentarse con calma, con serenidade e facer un balanzo da situación, tentando de atopar o millor camiño para sobrevivir…, sin máis pretensións, pois penso que plantexarse conquerir o que sería loxicamente desexable, pode conducir ao pozo da desesperanza e o pesimismo…. Xa falaremos…