O pan de Neda, na cociña do Hostal dos Reis Católicos

pan de nedacartel-1O pan de Neda entra na cociña do Hostal dos Reis Católicos. O seu exquisito sabor resultou determinante para que o equipo de restauradores do emblemático Parador de Compostela o seleccionase como un dos productos gastronómicos galegos cos que elaborarán as degustacións que se servirán na xornada final do proxecto de cooperación interterritorial Novos Horizontes. Un proxecto impulsado por doce Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e Asturias entre os que figura Costa Noroeste e que contou coa colaboración do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. ¿O seu obxetivo nestes últimos tres anos? Impulsar iniciativas de emprego a través da posta en valor de terras agrarias, mediante a recuperación do patrimonio xenético vexetal e o fomento de novas producción demandadas polos mercados. Precisamente, nesa xornada valoraránse os resultados. Será o 19 de xullo.

Un escaparate perfecto para o pan de Neda, que acada deste xeito un novo recoñecemento. Neste caso, dunha das mellores cociñas da Comunidade. Na capital galega compartirá protagonismo coa chanfaina de Cerdido e o tomate negro de Santiago cultivado en Narón. Nesta cita, que se prevé multitudinaria, participarán membros e técnicos de Grupos de Desenvolvemento Local de Galicia e Asturias, así como responsables e técnicos municipais de ámbolas dúas comunidades; investigadores de Centros de Investigacións Agrarias e Universidades; Centros de Formación e Experimentación Agroforestal; Restauradores; Escolas de Cociña e Aulas de Gastronomía; Expertos gastrónomos, xestores de blogs de gastronomía… E todos eles poderán degustar o producto máis preciado de Neda.

Un pan de sabor único cuxa festa de exaltación cumple neste 2013 un cuarto século de existencia. Celebraráse como é tradición o primeiro domingo do mes de setembro e, dende o Concello, tense deseñado unha programación moi especial que incluirá, por segundo ano consecutivo, a Ruta do Pincho “Mellor… con pan de Neda”, ou o concerto gratuíto do grupo “Brothers in Band”. Actividades complementarias para un xornada na que, como sempre, o público poderá degustar o pan e productos derivados; participar nunha comida popular; seguir as diferentes actuacións musicais… todo, nun entorno único como é o Paseo Marítimo. Unha cita que cada ano congrega a milleiros de persoas de toda a Comunidade.

 

 

 

Lea también

Ares acolle a charla ‘Estilo de vida nas persoas afectadas polo cancro’

A vila aresá acolle a segunda charla dentro da Academia AresXSalud, o amplo programa educativo …