O Conselleiro de Cultura visita a mostra da Biblioteca Central de Ferrol

alcalde expo bibliotecaO Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Abad  visitou este venres, día 21, a mostra “Galicia nas edicións facsimilares do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades” na Biblioteca Municipal. O Conselleiro estivo acompañado polo alcalde da cidade , José Manuel Rey Varela; o coordinador da exposición, Luís Alonso Girgado, o concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, Manuel-Reyes García Hurtado; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. A mostra permanecerá na Biblioteca Central de Ferrol durante aproximadamente un mes máis, segundo sinalou Girgado.

Na súa intervención, o primeiro edil da cidade agradeceu ao titular de Cultura do Goberno de Galicia o interese e apoio para que a biblioteca da praza de España se equipare co resto das bibliotecas das outras grandes cidades galegas e forme parte da “Rede Nodal” da Xunta.Un feito que nos permitirá prestar unha mellor atención aos usuarios desta biblioteca viva e que conta cunha importante oferta de actividades durante todo o ano coma os contacontos, os clubs de poesía e lectura, obradoiros, presentacións de libros ou exposicións” sinalou Rey Varela.

Cita coa historia

Vázquez Abad afirmou que a mostra supón unha cita coa nosa historia a través do relato “que ofreceron algunhas das cabeceiras de prensa que, alén e aquén do mar, mellor expresaron os ideais, o xenio creador e as preocupacións daqueles galegos e galegas que soñaron con facer emerxer unha sociedade máis ilustrada, mellor informada e, consecuentemente, máis próspera.” Así mesmo, subliñou que a Colección “constitúe un exercicio de aproximación veraz, didáctico e non carecente de certa pedagoxía da historia de Galicia do último século e medio.” Finalmente, o conselleiro lembrou que as persoas que se acheguen a visitar a mostra poderán coñecer de primeira man “a expresión do sentir e querer de varias xeracións de galegos e galegas que, dentro e fóra do noso país, soñaron unha Galicia mellor.”

A mostra de facsímiles de revistas, xornais e libros publicados, moitos deles, no período de emigración galega está coordinada polo ferrolán Luís Alonso Girgado, profesor e investigador que no pasado mes de xaneiro recibiu por parte da Corporación Municipal a Insignia de Ouro de Ferrol. “Estamos a falar dunha persoa xenerosa que ten doado máis de 2.500 volumes de literatura hispanoamericana a esta biblioteca, agora en proceso de catalogación, e que fará que sexa referente en toda España neste ámbito”, apuntou o rexedor.

Unha importante mostra

Unha historia editorial a ambas beiras do Atlántico A Colección da Prensa Galega do Centro Ramón Piñeiro (1885-1965) reúne xornais, libros, revistas e almanaques que testemuñan un importante período da historia de nós. Durante os séculos XIX e XX, as revistas e periódicos foron vehículos de expresión e comunicación entre a Galicia continental e a diáspora americana. Editores galegos, principalmente en Cuba e Arxentina, pero tamén no Uruguai, en Venezuela ou México, reflicten un amplo período da nosa historia cultural, literaria e xornalística a través das páxinas escolmadas que se amosan nesta exposición emprazada na sala nobre da Biblioteca Central. As publicacións periódicas expostas recollen boa parte do herdo creativo e intelectual de moitos dos escritores e pensadores galegos da época e son recoñecidas como esforzo colectivo por manterse en contacto coa terra.

Pero ademais a gran literatura galega está tamén amplamente representada na mostra a través das revistas de pensamento, de creación e literarias coas que contou Galicia durante o século XX como foron “Alba. Hojas de poesía”, “Posío” ou “Universitarios. Revista de la F.U.E.” Neste sentido, Vázquez Abad lembrou que o labor investigador e de edición de facsímiles no seo do Ramón Piñeiro “iniciouse precisamente en 1994 coa edición de “Aturuxo”, unha revista literaria, fundamentalmente poética, que se publicou en Ferrol entre os anos 1952 e 1960.”

Entre as pezas singulares que se poden contemplar na mostra destacan, entre outras, a obra Cuba en la mano, o suplemento sabático “La Noche”, os dous monumentais volumes da publicación dirixida por Curros Enríquez “La Tierra Gallega” (A Habana 1894-1896) ou o discurso de recibimento na Real Academia Galega de Ramón Cabanillas, “A saudade nos poetas gallegos”, en braille

 

 

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …