Unha delegación de alcaldes da comarca viaxará a Madrid para xestionar apoios ao sector naval

navantia-6Os alcaldes que forman parte da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, que preside o rexedor ferrolán Jose Manuel Rey Varela, abordaron na tarde deste luns, día 10, na sesión ordinaria celebrada no Pazo Municipal ferrolá a complexa situación económica que atravesa este ámbito xeográfico. En concreto, os rexedores trataron as dificultades nas que se encontra a Megasa cunha representación sindical da planta siderúrxica asentada en Narón; e a falta de carga de traballo nos estaleiros públicos na ría de Ferrol.

Comparten motivos da folga xeral

Neste contexto, os alcaldes da Mancomunidade quixeron manifestar  que comparten os motivos da folga comarcal convocada para a xornada  mércores, día  12. E por isto, nos próximos días trasladarán a situación que atravesan os estaleiros da ría e a indiferenza de Navantia por atopar solucións á falta de carga de traballo aos Grupos Parlamentarios en Madrid de PP, PSOE, IU e BNG; así como ao ministro de Hacienda y Administraciones Públicas, Cristóbal Montoro, e ao Comisario Responsable de Competencia da Unión Europea (UE), Joaquín Almunia. A este último, os alcaldes acordaron remitir unha carta na que se interesarán polo levantamento das restricións impostas no ano 2004 ao sector naval da ría ferrolá para a construción civil e cuxa vixencia se estende até o 31 de decembro de 2014; pola necesidade de incrementar a competencia dos estaleiros, que pasa pola construción do dique flotante na planta ferrolá e despexar as dúbidas en relación ao tax lease. A Mancomunidade insistirá ao comisario europeo de Competencia en que o sector naval é o principal motor económico da comarca, e que a falta de pedidos está abocando a esta actividade industrial a unha situación que está a ter a súa consecuencia mías dramática na destrución de postos de traballo.

Así mesmo, unha delegación de rexedores da comarca desprazarase a Madrid para entrevistarse con deputados de PP, PSOE, IU e BNG co obxectivo de obter o apoio destes para a reactivación do sector naval na ría de Ferrol.

Tema Megasa

No que atinxe a Megasa, a Mancomunidade acordou dirixirse por carta ao Ministerio de Industria, Energía y Turismo, Jose Manuel Soria López, na que poñen de manifesto a preocupación polas consecuencias negativas que o novo sistema de bonificación da tarifa eléctrica que se comezou a aplicar a comezos deste ano ten na factoría naronesa. Un sistema que, segundo explicaron aos primeiros edís da Mancomunidade os representantes dos traballadores, garante a algúns competidores do sector siderometalúrxico o acceso á enerxía de maneira máis barata e, por conseguinte, unha maior facilidade para colocar os seus produtos no mercado. Na misiva, os alcaldes da Mancomunidade indican ao ministro Soria López a importancia de Megasa como xeradora de emprego e riqueza –ao redor de 1.500 persoas traballan de maneira directa e indirecta para esta empresa-, e como o seu papel destacado no que atinxe ao movemento de mercadorías a través do Porto de Ferrol. Os rexedores piden ao titular de Industria que se busque unha solución a esta circunstancia xa que, de non superarse, abocará ao peche a planta de Megasa en Narón de maneira inmediata.

Outros acordos

Noutra orde de cousas, a Mancomunidade abordou a creación dunha comisión de seguimento para axilizar a integración dos Concellos na empresa de Turismo; e deuse conta da solicitude realizada aos Programas de Cooperación. En concreto, a Mancomunidade pide un técnico de medio ambiente; un educador social e un auxiliar administrativo.

Lea también

En un partido difícil ,pero sin mordiente, tras el fallo de un penalti a favor del Racing, finaliza con el 0-0 en el marcador

(Amboage)-Un partido difícil al que se enfrentó el Racing de Ferrol en la noche de …