A Orquestra Sinfónica de Galicia actúa no auditorio de Ferrol baixo a dirección de María Patiño-Osorio

Este concerto forma parte da programación da tempada 2025/2026 da Sociedad Filarmónica Ferrolana. As entradas poden adquirirse nas billeteiras do Jofre e do Auditorio e na web de Ataquilla, a partires de 16 euros para público xeral e cinco euros para socios da Filarmónica.

A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) volve este xoves 6 ás 20:30 horas ao auditorio de Ferrol, dentro da programación cultural desta tempada 2025/2026 da Sociedad Filarmónica Ferrolana (SFF).

Trátase do terceiro concerto da tempada e o primeiro dos cinco que trae este ano da man da OSG. O público poderá disfrutar dunha viaxe musical de 90 minutos de duración, cun percorrido por tres monumentos orquestrais do romanticismo: Robert Schumana, Genoveva- Obertura (op. 81); Anntonín Dvořák, Serenata para cuerdas en mi mayor (op. 22); Johannes Brahms, Sinfonía nº1 en do menor (op. 68).

A dirección correrá a cargo de Ana María Patiño-Osorio, unha aclamada directora de orquestra colombiana, recoñecida pola súa destacada traxectoria a nivel internacional. A súa carreira está marcada polo seu compromiso coa educación musical e a dirección de orquestras de alto nivel en Europa e Hispanoamérica.

Foi finalista do Concurso Internacional de Dirección Sir Georg Solti e gañadora do Premio Nacional 2021 ao mellor director da Orquestra Filarmónica de Bogotá. Ademais, foi directora asistente da Orquestra da Suisse Romande e na actualidade é directora titular da Orquestra Filarmónica de Medellín, sendo a primeira muller en ocupar este posto.

As entradas poden adquirirse nas billeteiras do Jofre e do Auditorio e na web de Ataquilla, a partires de 16 euros para público xeral e cinco euros para socios da Filarmónica.

Lea también

El buque ‘Cantabria’ atraca en Ferrol tras dos meses de misión con la OTAN en el Mediterráneo

La unidad de la Armada completa con éxito su integración en la operación ‘Noble Shield’. …