O ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, é unha persoa moi intelixente, sen dúbida. Se non, non sería ministro, claro. Non pensarán de min que estou a insinuar o contrario, non? Porén, eu sempre crin que non se pode ser homófobo e intelixente a un mesmo tempo, así que algo debe fallar no meu razoamento.
Estou seguro de que Fernández Díaz non suporá que todos os gays desta España nuestra son de esquerdas, porque mire vostede, don Jorge, que hai uns cantos. Dicía o seu compañeiro de partido, o señor Fabra, que el, en realidade, non estaba en contra das vodas homosexuais porque a maioría dos empresarios hostaleiros importantes da súa comunidade eran gays e, claro, non merecía a pena enfadalos. Toma clase de teoría neoliberal: cando me da beneficio cambio o meu modo de pensar, non se preocupen.
Imaxino que os lectores saberán a que me refiro. O noso ministro do interior, o outro día, dixo (penso que na Embaixada de España en Italia) que o matrimonio homosexual non tiña que ter a mesma protección por parte dos poderes públicos que o tradicional. Unha das razón, esgrimía Fernández, é que a pervivencia da especie non está garantida. Darwin, xa podes descansar tranquilo, que temos unha nova mente preclara que nos guía.
Tamén, nesa reunión, falou da necesidade da liberdade relixiosa, e a compatibilidade de que o estado sexa confesional con esa liberdade. Vamos, que para el, España tiña que ser oficialmente católica. Xa saben que hoxe en día non o é (ironía mode ON) porque como xa coñecen vostedes nos colexios públicos non se ensina relixión (católica), non se dan axudas aos colexios privados (incluídos segregadores por sexos e católicos), o exército é laico de todo (ah, que hai curas castrenses e esas cousas aínda?)… Que a Consti pon que o noso Estado é aconfesional? Xa, home, xa. Supoño que a Fernández non lle gustará que o poña. Xa saben: os católicos, eses seres discriminados neste país, non coma os gays. Evidentemente, falou de “liberdade relixiosa” pero está visto que a liberdade sexual de cada quen lle importa un pemento.
E digo eu que, xa que mesturamos na mesma conversa o “problema” do matrimonio homosexual e a relixión creo que ao noso ministro se lle esqueceu unha cousa. Se a pervivencia da especie non está garantida polos gays (xa que eles non procrean)… estao, porén, cos curas e monxas que fan voto de castidade? Hala, aí llo deixo, para que reflexionen un rato os católicos de ben e os que van ir ao inferno (é dicir, o resto do mundo coñecido).
En la España actual , el no estar de acuerdo con lo politicamente correcto es motivo de escarnio y escándalo. El no respetar la libertad de expresión del prójimo cuando està de alguna forma menosprecie el sentimiento o el pensar de otros personas no da derecho alguno al insulto o a la burla de las creencias que este profese.
Se puede criticar y no compartir lo que otros piensan o crean, pero de ahí a mofarse de la condición y usos que algunos católicos profesan , no es una ofensa es una villanía propia de un ser que como persona tiene muy poco de coherente. La verdad nos harà libres, pero la libertad no da la razón cuando la razón es sólo el producto de un político pacto no natural.