A Xunta adxudica a construcción de 65 novas vivendas de promoción pública en Ferrol

A Xunta investirá máis de 10,5 millóns na obra de construción ademais de máis de 393.976 euros da redacción do proxecto e dirección de obra. As vivendas construiranse en parcelas propiedade da Xunta de Galicia.

As vivendas construiranse en parcelas propiedade da Xunta de Galicia | Xunta

O Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) acordou adxudicar o contrato para a construción de 65 vivendas de promoción pública na parcela 10 do polígono do Bertón, en Ferrol, en solo urbanizado pola Xunta de Galicia.

A empresa encargada da construción das vivendas será Vilor Infraestruturas, S.A. por un importe de 10.550.435 euros. A totalidade do investimento corre por conta da Xunta, sen cofinanciamento con fondos europeos nin estatais.

O proxecto foi redactado por UTE Bertón 10, que tamén se encarga da dirección da obra, ambos adxudicados por importe de 393.976 euros.

A parcela onde se situarán as vivendas de promoción pública (VPP) ten unha superficie aproximada de 2.223,31 metros cadrados e a edificación proxectada unha superficie construída total de 10.213,16 metros cadrados.

O edificio desenvólvese definindo claramente tres bloques lineais e consta dunha planta de soto que ocupa toda a superficie parcela destinada a garaxes, rochos e locais de instalacións,; planta baixa dedicada a soportais de uso público, seis portais de acceso e locais de instalacións, reserva para o almacén de contedores do lixo, centro de transformación, cuartos de limpeza, rochos, cuarto de comunidade e dous locais comerciais; o espazo de parcela non ocupado pola edificación sobre rasante está destinado a espazo libre privado; e plantas altas para uso vivenda.

A planta soto está destinada a garaxes, rochos e locais de instalacións.

Na planta baixa haberá soportais de uso público, seis portais de acceso e locais de instalacións, reserva para o almacén de contedores do lixo, centro de transformación, cuartos de limpeza, rochos e dous locais comerciais.

Os tres bloques contan con cinco plantas altas idénticas e dous portais en cada un deles. O programa dos aloxamentos é o seguinte:

 

Número vivendas

Superficie útil media de vivenda (m2)

2 dormitorios

22

60,77 – 64,52

2 dormitorios adaptados

3

61,52 

3 dormitorios

40

77,04 – 78,31    

TOTAL

65

 

Lea también

O alcalde de Ferrol analiza coa directiva da AVV de Pazos as actuacións do Plan de Barrios na zona

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado do concelleiro de Servizos e Zona …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.