
Durante a xuntanza, os representantes do Goberno local expuxeron e revisaron xunto aos responsables da asociación as tarefas de mantemento, limpeza e mellora acometidas polos distintos servizos municipais neste núcleo ao longo das últimas xornadas.
Pola súa banda, o presidente da entidade e os membros da súa directiva aproveitaron o encontro para trasladarlle ao rexedor e ao edil novas peticións e suxestións de mellora co obxectivo de seguir atendendo as necesidades da veciñanza.
Esta visita enmárcase na rolda de contactos periódicos que o Concello de Ferrol está a desenvolver polos diferentes barrios e parroquias do municipio dentro do Plan de Barrios, unha iniciativa destinada a reforzar a comunicación directa co tecido veciñal e a coordinar as actuacións de posta a punto tanto na zona urbana como no rural.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.