Sesións formativas en medios de comunicación para informar con rigor sobre a conducta suicida

Expertos en psicoloxía e en comunicación facilitan unha guía na cal se desmontan mitos e se incide no papel preventivo que teñen as noticias responsables. O proxecto foi desenvolvido por profesionais do Servizo Galego de Saúde, do Colexio Oficial de Xornalistas e do 112, ademais de persoal docente das facultades de Ciencias da Comunicación e de Medicina da USC. A iniciativa forma parte do Plan estratéxico de saúde mental 2026–2030, encadrada na liña transversal de humanización, sensibilización e loita contra o estigma.

A Xunta e o Colexio Profesional de Xornalistas deron comezo ás sesións formativas que desenvolverán nas redaccións dos medios de comunicación para contribuír a informar con rigor sobre a conduta suicida.

En particular, o primeiro obradoiro, que resalta o papel da comunicación como ferramenta preventiva, foi impartido na redacción de Diario de Arousa por dúas psicólogas da Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental do Servizo Galego  e Saúde e unha periodista do Colexio Profesional de Xornalistas.

O tratamento informativo da conduta suicida require dun tratamento respectuoso que nonadmite simplificacións nin frivolidades. Por este motivo, profesionais do Servizo Galego de Saúde, do Colexio Oficial de Xornalistas, do 112 e persoal  docente das facultades de Ciencias da Comunicación e de Medicina da USC coincidiron en unir esforzos deseñar unhaguía que promova o tratamento de noticias, entrevistas ou reportaxes responsables.

Esta iniciativa foi designada polo Ministerio de Sanidade como exemplo de boas prácticas en saúde mental na edición 2025 das xornadas nas cales as distintas comunicades autónomas comparten experiencias de éxito.

Os obradoiros que este xoves comezan forman parte das medidas incluídas no Plan estratéxico de saúde mental 2026–2030, encadrándose na liña transversal de humanización, sensibilización e loita contra o estigma.

As sesións formativas continuarán nas próximas semanas e programaranse novos obradoiros ao longo 2027 para achegar a guía con recomendacións para o tratamento damconduta suicida tanto a profesionais da prensa escrita como de radio,mtelevisión ou freelance.

Lea también

A ASF colabora con FEGADEM para dar visibilidade á Esclerose Múltiple

A Área Sanitaria de Ferrol-ASF colabora coa Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) para dar …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.