A Biblioteca de Narón abre o martes 10 o prazo de inscrición na actividade infantil “Coñecendo a… Carlo Collodi»

A Biblioteca municipal de Narón abrirá mañá martes o prazo de inscrición na actividade infantil “Coñecendo a… Carlo Collodi”, unha proposta organizada para conmemorar o bicentenario do nacemento de Carlo Collodi. A cita, dirixida a nenas e nenos a partir de catro anos, desenvolverase este sábado, día 14, a partir das 11:00 horas na Biblioteca municipal, tal e como avanzou a concelleira responsable da área, Olga Ameneiro.

Os menores que asistan terán a oportunidade de participar nunha actividade infantil arredor de Pinocho, que combinará a narración oral e un pequeno obradoiro creativo no que elaborarán unha marioneta. É unha iniciativa pensada para achegar aos máis pequenos e pequenas a figura deste autor e algunhas anécdotas da súa vida.

A través do conto “Pinocho” explorarán temas como a fantasía e a amizades, eixes da obra de Carlo Collodi.

As inscricións poderán realizarse dende mañá ás 16:00 horas na Biblioteca municipal, presencialmente ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. É preciso que os nenos e nenas conten co carné da rede de bibliotecas.

Lea también

Narón conmemora con varios actos o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller

A rexedora local, Marián Ferreiro, e as edís de Igualdade, María Lorenzo, e Bibliotecas, Olga …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.