Narón abre o prazo de inscripción no Campamento de Nadal para menores

A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, indicou que se dirixe a menores empadroados ou escolarizados na cidade nados entre 2014 e 2023.
 
 
O Concello oferta este ano medio cento de prazas para o Campamento de Nadal que se desenvolverá nas instalacións do CRA de Domirón do 22 de decembro ao 7 de xaneiro. Trátase dunha proposta que, tal e como informou a edil de Benestar Social, María Lorenzo, se dirixe a menores nados entre 2014 e 2023 empadroados ou escolarizados en Narón e cuxos país/nais estean traballando nesas datas.
 
O prazo de inscrición nesta iniciativa do Concilia Escola Narón, baixo o lema “A fábrica secreta da trasnada inventora” abrirá o vindeiro luns día 9. O programa contempla unha serie de actividades lúdico educativas que teñen entre as súas finalidades fomentar unha conciencia ecolóxica activa partindo de experiencias de reciclaxe, o respecto á natureza…
 
Os menores desfrutarán tamén de xogos populares, deportivos, manualidades, dinámicas de animación, saídas e otras propostas. Todas elas desenvolveranse de luns a venres -de 9:00 a 14:00 horas e con opción para conciliación de permanecer no mesmo de 7:30 a 15:00-, agás os días festivos, nunha quenda e nas instalacións do CRA de Domirón, no Alto do Castiñeiro.
 
“Trátase dunha proposta de balde, pensada para que as familias poidan conciliar mellor nesas datas coincidindo coas vacacións escolares, e nas que se aproveita a ocasión para ofrecer un espazo educativo e, ao mesmo tempo lúdico, para as nenas e nenos”, subliñou María Lorenzo.
 
As solicitudes poderán presentarse dende o vindeiro luns día 9 ás 8:30 horas ata o 16 deste mes ás 13:30 horas no Rexistro Xeral do Concello, a través da sede electrónica, ou por calquera dos medios contemplados na Lei de procedemento administrativo. As prazas concederanse por baremación, tal e como se especifica nas bases.
 
Para obter máis información pódese consultar a sede electrónica do Concello ou contactar co Servizo Sociocomunitario municipal, a través do teléfono 981 337 700 (extensión 1108 e 1125).

Lea también

A alcaldesa de Narón entregou os diplomas dun curso de Iniciación á lingua e cultura galegas

Marián Ferreiro recibiu no Concello ao alumnado deste curso acompañada por María Lorenzo, edil de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.