“As nosas tradicións” volve ás escolas infantís de Narón co outono como primeira parada

A iniciativa da concellaría de Política Lingüística achega a unhas cen familias información, curiosidades e recursos en galego sobre as festas tradicionais.
 
 
As escolas infantís municipais de Narón comezaron a entregar o primeiro dos folletos da iniciativa “As nosas tradicións”, que a concellaría de Política Lingüística, a través do Servizo de Normalización Lingüística, retoma este curso 2026-27.
 
Este primeiro número está dedicado ás festas do outono, como o magosto, a esfolla ou o Samaín, que se celebra este sábado 31 de outubro. Os folletos chegarán ao longo do curso a unhas cen familias de nenos do grupo de 2 a 3 anos. Cada un recolle información, curiosidades e recursos lingüísticos sobre as tradicións culturais galegas máis emblemáticas, como o Nadal, o Entroido, Os Maios ou o San Xoán, e sobre como se viven en Narón.
 
Tamén darán conta de datas institucionais importantes para a lingua e a cultura, como o Día das Letras Galegas, o Día de Rosalía ou o Día de Narón.
 
A concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, destacou que “a idade dos nenos é o mellor momento para que o galego e as nosas tradicións entren na casa de forma natural e sexan compartidas en familia”. Con “As nosas tradicións” o Concello quere ademais que as familias coñezan e participen en Apego, un programa que busca mellorar a socialización en galego desde o berce a través de actividades para as familias e da elaboración e difusión de recursos e materiais en galego para a crianza.
 
Os folletos tamén se poden descargar na web do Servizo de Normalización Lingüística, www.naronengalego.gal, no apartado de dinamización, ou directamente en www.naronengalego.gal/dinamizacion.

Lea también

Narón abre o prazo de inscrición no curso “CANVA: Deseño dixital e creación de contidos para o uso cotián

A plataforma Cemit mantén aberto o prazo de inscrición nun novo curso, “CANVA: Deseño dixital …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.