Jesús Gamallo analiza o papel de Galicia no ámbito internacional nunha conferencia no Campus de Ferrol

Fuente UDC-Campus Industrial de Ferrol

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, impartiu este venres, no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, a conferencia “Galicia, o seu lugar no mundo”, convidado polo coordinador do grao en Relacións Internacionais, o profesor da Universidade da Coruña (UDC), Manuel Andrés Soage Quintáns.

Ao longo da súa intervención, Jesús Gamallo fixo un percorrido pola participación de Galicia nas institucións internacionais ao longo das últimas décadas, abordando tanto o marco normativo como a dimensión práctica da acción galega. A sesión servíu tamén como espazo de reflexión e debate sobre a Unión Europea, a cooperación transfronteiriza, a cooperación ao desenvolvemento, así como sobre os principais ámbitos da proxección internacional da comunidade.

Á súa chegada ao centro, foi recibido pola vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, polo director do Campus Industrial de Ferrol, Marcos Míguez, e máis pola vicedecana da Facultade de Humanidades e Documentación, Mavi Lezcano.

Lea también

La UDC diseña una estrategia para orientar su oferta de titulaciones a los retos sociales y científicos

La Universidade da Coruña (UDC) ha diseñado su primera ‘Estrategia de Titulaciones’ con el objetivo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.