Narón abre o prazo de inscrición no curso “CANVA: Deseño dixital e creación de contidos para o uso cotián

arquivo

A plataforma Cemit mantén aberto o prazo de inscrición nun novo curso, “CANVA: Deseño dixital e creación de contidos para o uso cotián” de 100 horas. Así o indicou o concelleiro de Novas Tecnoloxías de Narón, Román Romero, que explicou que esta acción formativa comezará o vindeiro 10 de novembro na Aula Cemit de Xuvia e rematará o 18 de decembro.

A acción formativa impartirase en quenda de mañá, de 9:30 a 13:30 horas e abordaranse contidos como: introdución e primeiros pasos en Canva; fundamentos básicos de deseño; ferramentas e funcións de edición; contidos para redes sociais; presentacións, infografías e documentos; vídeo, audio e ferramentas complementarias e prácticas e proxecto final de temática libre.

As inscricións poden realizarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/56885

As persoas interesadas poderán anotarse de balde, estando limitada a asistencia ao curso a un máximo de 12 persoas.

Lea también

“As nosas tradicións” volve ás escolas infantís de Narón co outono como primeira parada

A iniciativa da concellaría de Política Lingüística achega a unhas cen familias información, curiosidades e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.