O festival literario celebrarase os días 6, 7 e 8 de novembro.

O Concello de Pontedeume comunica que o festival literario ‘Pontedeume, Vila das Lendas’, previsto do venres 30 de outubro ao domingo 1 de novembro, queda aprazado por respecto ás vítimas do accidente ferroviario de Toledo e ás súas familias.
Ante a gravidade do suceso e a declaración de tres días de loito oficial, o Concello de Pontedeume considera que estes días deben ser de loito, respecto e acompañamento a todas as persoas afectadas por esta traxedia.
O Concello retomará o festival os días 6, 7 e 8 de novembro. Nos próximos días darase a coñecer a programación completa e actualizada, cos horarios e actividades previstos para as novas datas.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.