Presentación en Valdoviño do proxecto ‘MARIS’, que promove a Asociación Sociocultural ASCM

Foto de familia del Proyecto Maris en Valdoviño | Fot. Concello de Valdoviño
Valdoviño acollía este lúns a presentación do proxecto «MARIS: Memoria, Arte e Rede de Inclusión Social», que promove a Asociación Sociocultural ASCM co apoio do GALP A Mariña-Ortegal e o financiamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e da Consellería do Mar. No acto participaban o alcalde, Alberto González, e a presidenta da asociación, Paula Gárate, e expoñíanse obxectivos, fases e metodoloxía.
 
Así, MARIS nace co obxectivo de recuperar, preservar e difundir a memoria e o patrimonio cultural relacionado co mar e os oficios pesqueiros, poñendo en valor os coñecementos, tradicións, formas de vida e expresións culturais que forman parte da identidade das comunidades costeiras do territorio do GALP A Mariña-Ortegal.
 
Un dos aspectos diferenciais do proxecto é o papel que asumirán as persoas con discapacidade, que participarán activamente no coñecemento, recuperación e transmisión deste patrimonio, converténdose en protagonistas e axentes activos da cultura mariñeira. O proxecto desenvolverase de aquí a 2028 en 3 fases: Formación en patrimonio marítimo-pesqueiro, recuperación da memoria oral e o coñecemento dos oficios tradicionais do mar e difusión do mesmo a través dunha obra de teatro.
 
O acto concluía coa tradicional foto de familia e máis un picoteo con degustación de produtos pesqueiros do territorio do GALP A Mariña-Ortegal, como mostra da conexión do proxecto co sector pesqueiro local e coa valorización dos seus produtos.
 

Lea también

Cedeira promove a creación dunha ruta turística polos escenarios da serie «Rapa»

O novo produto turísco terá a súa estrea o vindeiro día 25, partindo do Palacete …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *