A representación de ‘Quen matou a Pepe Corleone?’, con entrada de balde, celébrarase con entrada de balde o sábado 1 de agosto ás 12:00 horas no Auditorio Municipal como antesala da programación oficial.

A XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño abre o pano cunha proposta moi especial protagonizada polo alumnado da Escola Municipal de Teatro. Antes do inicio oficial da programación do certame, os rapaces subirán ao escenario do Auditorio Municipal para representar ‘Quen matou a Pepe Corleone?’, unha montaxe que pon en valor o talento da canteira teatral da vila.
A obra, con guión e dirección de Pepablo Patinho, está interpretada por alumnado de entre 10 e 14 anos, que leva meses preparando esta proposta como culminación do traballo desenvolvido ao longo do curso.
Esta representación servirá de antesala á Mostra, un dos eventos culturais de referencia en Galicia, e constitúe unha oportunidade para visibilizar o importante labor formativo da Escola Municipal de Teatro e o compromiso de Cariño coa promoción das artes escénicas desde as idades máis novas.
O Concello de Cariño anima á veciñanza e ás persoas visitantes a asistir a esta función, que dará o pistoletazo de saída a varios días nos que o teatro volverá converter a vila nun referente da cultura galega.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
